UNIDADE 15. CONSERVERMOS AS BONITAS PAISAXES DA TERRA.

Para finalizar este curso 2019-2020 vamos traballar arredor dun tema que traballamos durante todo o curso que é a ecoloxia: o coidado do noso planeta.

As cousas que imos traballar son:
  • As táboas de multiplicar especialmente as do 6, 7, 8 e 9.
  • A multiplicación por unha e dúas cifras.
  • A división como reparto, por unha cifra.
  • Sistemas de medidas: decimal e hexadecimal.
  • O texto oral: entrevista cun científico, cancións en galego e castelán sobre medio ambiente.
  • As clases de palabras: nome, adxectivo e verbo. O suxeito e o predicado.
  • Xogos de ortografía da h, j/g, b/v.
  • As paisaxes e ecosistemas.
  • A contaminación.
  • A conservación da natureza.
  • Educación vial.
Déixovos a versión para imprimir Caderno da Unidade 15. Conservemos as bonitas paisaxes da Terra.

En odt. 
https://drive.google.com/file/d/14ayfS-66ITwjhiqxIcQYAj9XRlHF9xJY/view?usp=sharing
En pdf. 
https://drive.google.com/file/d/1nxLZlIv7XpvqXUWULga6pMxQJ6HFbyel/view?usp=sharing
E este caderno de acertixos matemáticos por se queredes traballar algo no verán:
https://drive.google.com/file/d/1vuxnr-XCfQc78RlV0Dat0lWtcix265fH/view?usp=sharing

E estas actividades parar imprimir para repasar lingua:


ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS

Actividade 1. Repasa as táboas de multiplicar bailando.

a) Repasa bailando as táboas do 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9.


b) Baila as táboas máis difíciles: 6, 7, 8 e 9.

A táboa de multiplicar do 6.


A táboa de multiplicar do 7. 


A táboa de multiplicar do 8.

A táboa de multiplicar do 9.


Actividade 2. Repasa as táboas de multiplicar xogando ao Pacman de multiplicar. 

a) Entra na páxina do Pcaman de multiplicar e escolle para practicar as táboas do 6, 7, 8 e 9.

https://www.cokitos.com/pacman-tablas-de-multiplicar/play/

Actividade 3. Truco para aprender o máis difícil das táboas de multiplicar.

a) Como aprender as táboas do 6, 7, 8 e 9 co mínimo esforzo?

A resposta é: aproveitando a propiedade conmutativa da multiplicación.




Se xa sabemos as táboas máis fáciles: do 0, 1, 2, 3, 4, 5 e 10. E aínda nos custan as máis difíciles, teño un truco para memorizalas dunha vez por todas. Presta atención!

Agora que xa sabes que 2x3= 6 da o mesmo resultado que 3x2=6, podemos empregar a propiedade conmunativa como truco para aprender con só 10 operacións as táboas do 6, 7, 8 e 9. Serían as seguintes:

6x6 = 36

6x7 = 7x6 = 42              7x7 = 49

6x8 = 8x6 = 48              7x8 = 8x7 = 56              8x8 = 64

6x9 = 9x6 = 54               7x9 = 9x7 = 63             8x9 = 9x8 = 72             9x9 = 81

c) A táboa de multiplicar de Pitágoras.

Pitágoras, un científico grego. Aprende aquí a súa vida:


Agora vamos a empregar a súa táboa pitagórica para aprender as táboas de multiplicar empregando a propiedade conmutativa.


Aquí tes a táboa pitagórica de multiplicar, pero coas operacións que tes que aprender para dominar as táboas do 6, 7, 8 e 9 cando xa sabes as táboas do 0, 1, 2, 3, 4, 5 e 10.


6x6 = 36

6x7 = 7x6 = 42              7x7 = 49

6x8 = 8x6 = 48              7x8 = 8x7 = 56              8x8 = 64

6x9 = 9x6 = 54               7x9 = 9x7 = 63             8x9 = 9x8 = 72             9x9 = 81


Táboa pitagórica para imprimir e completar.


Actividades 4. Comprende a división como reparto. 

a) Dividir é repartir.




b) Dividimos na cociña.

Colle materiais pequenos iguais contables, como por exemplo: caramelos, garbanzos, grans de café. Colle unha cantidade distinta de cada vez, e e reparte en varias recipientes iguais. Inventa 10 divisións.

c) Resolve as seguintes divisións:

Se lle tes que dar 10 galletas a un amigo, cantas recibe o teu amigo? 10 : 1 =
Reparte 12 caramelos entre dúas persoas. Cantas recibe cada persoa? 12 : 2 =
Tes 15 pratos e tes que colocalos en 3 mesas. Cantos tes que poñer en cada mesa? 15 : 3 =
Viñeron de visita 16 extraterrestres e van voltar en 4 naves. Cantos van en cada nave de volta á súa galaxia? 16 : 4 =
Un científico conseguiu clonar 20 dinosauros. Se no Parque Xurásico hai 5 xaulas. Cantos dinosauros meteremos en cada xaula? 20 : 5 =
En clase hay 18 alumnos, se queremos facer grupos de 6 persoas, cantos grupos formaremos? 18 : 6 =
Pasaron 21 días, se cada semana ten 7 días, cantas semanas pasaron? 21 : 7 =
Teño dezaseis gominolas e llas quero reparitr a partes iguais a 8 amigas. A cantas gominolas toca cada unha? 16 : 8 =
Teño 27 cartas de Dragon Ball, e quéroas repartir a 9 persoas. Cantas cartas terá cada un? 27 : 9 =
No castelo da princesa hai vinte unicornios e 10 donos. Cantos unicornios ten cada dono? 20 : 10 =

d) Inventa os teus problemas de dividir:

Actividade 5. Repasamos a multiplicación por unha e dúas cifras. 

a) Mira este vídeo e vai facendo as multiplicacións que aparecen.



b) Inventa dez multiplicacións por unha cifra e por dúas cifras.

Actividade 6. Dividimos por unha cifra con OAOA. 

a) Podes mirar este vídeo da división cos teus pais e facer algunha das actividades que propoñen.

Actividade 7. O sistema decimal.

a) Podes facer un diagrama ou debuxo deste vídeo.


b) Mide cunha culleriña e unha escoba. 

Utiliza o longo da culleriña como unidade de medida e mide varias cousas que teñas por casa.

Utiliza o longo da escoba como unidade de medida e mide as mesmas cousas que mediches antes.

Colle dous lápices de diferentes tamaños, casi iguais. Mide unha cousa cun lapis e volve a medir con outro lapis. Comprobarás que a medida varía dependendo de se colles un lapis ou outro, e así non hai que se aclare.

c) Colle un metro ou cinta métrica e comproba que:
 1 metro  = 10 decímetros  = 100 centímebros = 1000 milímetros
Fíxate ben e mira que 1 decímetro = 10 centímetros = 100 milímetros
Comproba que 1 cm = 10 mm

Busca na túa casa algo que mida  1 Dam = 10 metros, se é que o atopas. Pode ser unha parede, pero pode ser que non teñas unha parede tan longa na casa.

d) Que curioso!
Para que te fagas unha idea, 1 m = 1 paso dun adulto de alta estatura como o profe Andrés, máis ou menos.
Un decámetro  son dez pasos, un hectómetro cen pasos e un kilómetro mil pasos.
1 decámetro = 10 metros
1 hectómetro =10 decámetros = 100 metros
1 kilómetro = 10 hectómetros = 100 decámetros = 1000 metros.
Vigo mide apenas 15 kilómetros de ancho, polo que con 15.000 pasos poderías ir de Saiáns ata Teis.

Actividade 8. O reloxo. Sistema hexadecimal.

a) A medida do tempo co sistema hexadecimal.

Non vos vou enganar, o reloxo é un lío porque mestura tres sistemas de medida e as fraccións, co cal é complicadísimo. Vou tentar de explicalo da maneira máis sinxela posible:

Primeiro, inventouse o reloxo de sol, que só da aproximadamente a que hora estamos se había sol que son as 12 horas de día dende o amencer ata o anoitecer.

reloxo de sol


Logo inventouse o reloxo mecánico que empezouse a instalar nos edificios nos séculos XIII e XIV en Europa. Permitía medir o tempo sen sol, e tiña as 12 horas do día e as 12 horas da noite: as 24 horas. Nese momento, inventouse o sistema hexadecimal dividindo a hora en 60 minutos e o minuto en 60 seguntos. Polo que cantos segundos habería en 1 hora? Foi nesta época cando se puso de moda o lñio das medias horas e cuartos de hora.
reloxo mecánico


Máis tarde, hai 100 anos en 1920 Warren Morrison inventou o reloxo dixital. E a partir de ahí aplicouse o sistema decimal para as décimas, centésimas e milésimas de segundo. reloxo de cuarzo


A medida do tempo chámaselle sistema hexadecimal porque vai de 60 en 60. Sabes que un hexagono é o polígono de 6 lados iguais, por hexa significa 6. Decimal significa 10. Sistema hexadecimal significa que vai de 6x10= 60.

Actividade 10. Problemas de matemáticas na vida real.

a) Problemas de sumas e restas.


b) Problemas con multiplicacións.


c) Problemas con divisións.


d) Caderno de acertixos matemáticos para pensar e repasar. Fai só algúns deles.

https://drive.google.com/file/d/1vuxnr-XCfQc78RlV0Dat0lWtcix265fH/view?usp=sharing

ACTIVIDADES DE LINGUAS GALEGA E CASTELÁ

Actividade 1. Repasa a canción: "De maior quero ser ecoloxista". 

a) Non tes que esperar a ser maior para ser ecoloxista. 
Xa podes ir empezando: reciclando, reutilizando; non malgastando; indo a pé, en transporte público ou bicicleta; mercando só o que necesitas; aforrando auga, gas, luz... No cole xa empezamos coa reciclaxe de basuras e coa loita contra os incendios.


b) Déixote unhas fotos dos tulipáns e da milgrandeira.
 Cando quéimanse os bosques, o fogo saca o dióxido de carbono das plantas en forma de fume e queda contaminando o aire. A única maneira de limpar o aire e plantando árbores que chupen o dióxido de carbono.

No cole plantamos plantamos árbores e plantas para que chupen polas follas o fume de dióxido de carbono e limpen o aire botando o osíxeno.

Plantamos árbores no monte: O souto da carrasqueira.

Neste curso 2019-2020, temos plantado no xardín do cole, unha morea de: árbores, tulipáns e unha horta. O alumnado de 3º plantamos unha milgrandeira e tulipáns ao lado do campo de fútbol.


c) Que cousas fas na casa para coidar a natureza?

d) Escribe a letra de canción en verso e corrixe despois as faltas de ortografía con mamá ou papá.

e) Que te convida a facer Pablo Díaz na súa canción para coidar o planeta?

f) Busca cinco nomes e cinco verbos que aparecen na canción.

Actividade 2. Repasa a canción "A Marte" de Melani.


a) Que é o problema dos plásticos no mar? 

Que recordas que falamos deste problema na unidade 6? Revisa os vídeos.

b) Que podemos facer nós dende aquí para que non cheguen os plásticos ao océano?

c) Copia o estribillo da canción.

d) Escribe 5 nomes que aparecen na canción.

e) Escribe 5 verbos que aparecen na canción.

f) Escribe o único adxectivo que aparece na canción. Pista: "Está na primeira estrofa e é a cor da auga do mar".

Actividade 3. O detective de nomes, adxectivos e verbos. 

a) Métete no helicóptero e captura os nomes, adxectivos e verbos. Non choques co sol nin co tellado dos castelos.

https://recursos.educacion.teayudo.net/juego-repaso-sustantivos-o-nombres-adjetivos-y-verbos/

b) Xogos para identificar nomes, adxectivos e verbos.
Para facer ben esta actividade, debes saber que os nomes tamén chámanse "substantivos". Cando o ordenador pídache "sustantivo" has de marcar un nome. (Sustantivo e nome son palabras sinónimas, que significan o mesmo).

https://www.educaplay.com/learning-resources/29062-nombres_adjetivos_y_verbos.html

c) Xogos para identificar os adxectivos.
https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/lengua-literatura/gramatica/adjetivos

Actividade 4. A oración. Suxeito e predicado. 

a) Aprende o que é o suxeito e predicado dunha oración.



b) Realiza as actividades que che propoñen neste enlace:

https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/lengua-literatura/gramatica/sujeto-predicado

Actividade 5. Ortografía. A maneira correcta de escribir.

Vamos a traballar algunhas normas de ortografía difíciles, que son bastante complicadas, polo que só vamos a dar algunhas, pero sen agobios, xa iremos aprendendo todo en 4º, 5º e 6º de primaria...

a) Aprendemos a escribir algunhas palabras que levan "h".

Por que a letra "h" complícanos a vida, porque se escribe se non soa, por que? Pois porque antes a "h" soaba. En galego e castelán antes a  letra "h" soaba como se fora unha jota pero máis suave. Síguese escribindo a "h" hoxe en día porque é unha axuda para saber de donde ven a palabra que leva h.
Di varias palabras que leven h pronunciando como unha "j", por exemplo hotel = jotel . Date conta que en inglés a "h" aínda soa hoxe en día.


Copia as palabras con "h" que aparecen no vídeo..
PALABRAS CON "H"
hielo

b) Aprenderemos a escribir algunhas palabras que levan "j" e "g".
Non te agobies, non tes que aprendelo todo, é só para que vaias aprendendo algunha regra, con tranquilidade.

Copia as palabras que saen no vídeo en dúas columnas.

PALABRAS CON "J"                                         PALABRAS CON "G"
jirafa                                                                     guepardo


c) Aprendemos a escribir con b e con v.
Por que a b e a v nos complican a vida, porque soan igual e se escriben distinto, por que? Pois porque antes soaban distintas a b sonaba igual que agora e a v sonaba parecido a unha f. Trata de facer o sonido b+f e sairache a v como aínda se pronuncia en portugués. Por exemplo, en portugués a b e a v aínda hoxe soan distintas.

Copia as palabras anteriores facendo tres columnas.

PALABRAS CON B                        PALABRAS CON V                      PALABRAS CON V E B.
brazo                                                  vivir                                                noviembre

ACTIVIDADES DE CIENCIAS DA NATUREZA, CIENCIAS SOCIAIS E ATENCIÓN EDUCATIVA.

Actividade 1. Entrevista charla coloquio cun científico. 

VIDEOCONFERENCIA CO EXPERTO EN CIENCIA, COMUNICACIÓN CIENTÍFICA E TECNOLOXÍA: CARLOS SIERRA. 


Data: martes 2 de xuño de 2020.
Hora: 11,00 horas (mañá).
Lugar: Virtual coa plataforma Cisco Webex.

"O experto invitado para a ocasión é Carlos Sierra, que ten unha ampla traxectoria como investigador e como comunicador científico. A sua carreira investigadora desempeñouna entre o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, o  Instituto de Acústica do CSIC en Madrid, e a Universidade de Columbia de Nova Iork, mentras que cómo comunicador e divulgador científico traballou no Centro de Regulación Xenómica de Barcelona, como documentalista e asesor científico para o programa de La 2 de TVE "El Cazador de Cerebros" e como guionista científico no programa do Lab de RTVE "El Método", entre outros..."  

Poderánse facer todo tipo de preguntas de ciencia e tecnoloxía: astronomía, bioloxía, física, xenética, medicina, metereoloxía, ecoloxía, polo que estaría ben chegar á reunión cunha dúbida escrita sobre ciencia para preguntar.

https://es.linkedin.com/in/drcarlossierra

Actividade 2. O ciclo da auga. 

A auga, como todo material ou substancia pasa por tres estados: sólido, líquido e gasoso. E no planeta Terra hai sitios onde se enfría a auga en forma de xeo e neve, e lugares onde o sol quenta a auga e a vaporiza polo que a convirte en vapor de auga ou gas de auga. Tes esta ficha para imprimir:

Actividade 3. As partes da Terra: xeosfera, hidrosfera, atmosfera e biósfera. 


Tes aquí unha ficha para imprimir se queres:


A biosfera son os seres vivos: plantas, animais e microbios que viven enriba da xeosfera, dentro da hidrosfera e/ou voan pola atmósfera.

Actividade 4. Os tipos de contaminación e solucións. 


a) A contaminación da atmosfera ou contaminación atmosférica. 
É ensuciar o aire. Queimamos carbón, petróleo, gasolina, madeira, que produce fumes que manchan o aire de particulas en suspensión (polvo fino volador) que producen o efecto invernadoiro e quecemento global.

b) A destrución da biosfera. 
É matar ás plantas e aos animais. As plantas morren queimadas en incendios ou cortadas para facer papel e mobles. Os animais morren porque quedan sen casa ou pola caza furtiva ata a súa extinción. Os plásticos que chegan ao océano matan as tartarugas, golfiños, peixes e aves mariñas.

Os incendios que permite Bolsonaro na selva amazónica en Brasil, os incendios que houbo en Australia, o incendio de Vigo en 2017 que acabou con case todo o bosque, e a destrucción da selva
Invita aos teus pais a firmar, se queren, esta petición de greenpeace para salvar os bosques de Indonesia.

Petición de Greenpeace para salvar os bosques de Indonesia: Preme aquí para acceder á petición.

https://es.greenpeace.org/es/que-puedes-hacer-tu/peticiones/salvemos-bosques-indonesia/?gclid=CjwKCAjwiMj2BRBFEiwAYfTbCvGrNcv6HAO2WHBoeWR7d5nAcdQ7ixF3Qgh1PXix6Ldwuvyx697lnBoCDhMQAvD_BwE

c) A contaminación da hidrosfera ou contaminación de ríos e mares. 
É manchar a auga. Usamos produtos químicos tóxicos saen dos tubos das fábricas. Tiramos da cisterna e vai por unha tubería ata o río e do río ata o mar. Uns poucos ríos teñen depuradora, pero a maioría non. O gran problema de contaminación da auga son as enormes illas de plástico.

d) A contaminación da geosfera. 
É manchar o chan. É ensuciar o chan. Se tiramos basura ao chan, vertemos sustancias malas (lixivia, limpador, aceite de coche) que estropean a terra e matan as plantas.

e) Aforrar enerxía para coidar do planeta.
Actualmente empregamos moitos derivados do petróleo para producir enerxía, pero cada vez úsase menos petróleo e estamos empregando cada vez máis fontes de enerxía limpa: a luz do sol, a forza do vento, o movemento da auga...
De todos xeitos, debemos aforrar enerxía a espera de que se desenvolvan as fontes de enerxía limpa.

Actividade 5. Tipos de paisaxes e de ecosistemas.

a) As paisaxes de Galicia.


b) Os ecosistemas.

Actividade 6. Elementos do paisaxe no relevo de Galicia.

a) Elementos da paisaxe.


b) Ríos e montañas de Galicia.


c) Elementos da paisaxe de Vigo.

Vigo: Paisaxes artificiais e naturaias. Vigo é unha cidade que ten dúas partes, unha zona urbana e outra rural. Están algo mesturadas, polo que Vigo é unha zona semi-urbana. Non é totalmente urbana, nin totalmente rural. Hai unha zona chea de edificios que sería paisaxe artificial urbana, e unha zona de casas arredor da cidade que sería unha paisaxe artificial rural. A parte de bosque e montañas (que ardeu case todo no ano 2017) é paisaxe natural porque apenas hai edificacións. Os montes Alba e Galiñeiro son os máis altos da localidade de Vigo. 
Vigo: Paisaxe costeiro. Vigo está pegado ao mar. A cidade está bañada polo mar Atlantico. Ten dous tipos de paisaxe costeiro: praias e illas. As praias máis famosas de Vigo son O Bao e Samil. Ten moitas: Canido, Fontaíña, As barcas, A Sereiña... Vigo ten a illa de Toralla, á que se pode ir cruzando unha ponte artificial. A Vigo pertencen tamén as Illas Cíes que son o Parque Nacional das Illas Atlánticas, as que podes chegar en barco.

Busca en googlemaps os seguintes elementos do relevo de Vigo: https://www.google.es/
  • Illa de Toralla, illas Cíes.
  • Praia do Bao, praia de Samil, praia de Alcabre.
  • Cabo Estai.
  • Porto de Vigo.
  • Océano Atlántico, ría de Vigo.
  • Monte do Castro, monte Alba, monte Galiñeiro.
  • Río Lagares, Estación Depuradora de Vigo
  • Se se che ocorre algún elemento do relevo máis, tamén o podes buscar.

Actividade 7. O comportamento da auga cos materiais para comprender algúns tipos de contaminación.

AVISO IMPORTANTE DE SEGURIDADE: Fai os experimentos COA AXUDA DUNHA PERSOA ADULTA! Non te poñas a mollar a casa e gastar cousas por casa sen permiso. Non se che ocorra beber a auga coas mesturas, pois podería ser tóxico. Non encendas fogo, non encendas a cociña, que o faga un adulto/a!!! Recorda poñer luvas ("guantes") para facer os experimentos.

a) Experimento 1. Mestura auga con aceite.
Trátase de coller un vaso de auga e botar por enriba un bo chorro de aceite. (Mellor que sexa aceite usado, para non malgastalo). Cunha culler remesemos ata conseguir que se mesture bastante. Logo deixamos repousar durante 15 minutos aproximadamente.
Observa e logo responde a estas cuestións:
  • A auga e o aceite quedan xuntos ou sepáranse.
  • Que está máis arriba a auga ou o aceite?
  • Que pesará máis a auga ou o aceite?
  • Sabías que cando un líquido pesa máis que outro dise que é máis denso? Denso é sinónimo de espeso. Por exemplo a auga e menos densa que o xel de ducha, o mel,  o leite condensada ou a pasta de dentes. 
* Conclusión, se o petróleo é parecido o aceite, que pasa se un petroleiro rompe e afunde co petróleo? Isto pasou co buque petroleiro Prestige o día 13 de novembro de 2002, hai 18 años...
https://es.wikipedia.org/wiki/Desastre_del_Prestige

b) Experimento 2. Cocer xeos na tarteira con tapadeira de cristal.

Se non tes xeos, podes facelos metendo auga no conxelador. Trátase de coller xeos que é auga en estado sólido e quentalos cunha placa vitrocerámica ou de inducción que terá que acender unha persoa adulta e subir e baixar a temperatura. O ideal e que a tarteira teña unha tapadeira de cristal para ver como se forma a condensación da auga, como se forman pequenas nubes na superficie da tapadeira. Pon a cocer os xeos e mira que pasa se subes e baixas a temperatura.
Observa e logo responde a estas cuestións:
  • A que estado chega a auga se a poñemos no coxelador?
  • Se quentamos xeos, por que estado pasa primeiro a auga, por líquido ou gasoso?
  • De que cor é o fume que se forma?
  • Que pasa se o fume queda atrapado na tapadeira e se condensa?
  • Cando se move máis a auga, cando subimos a temperatura ou cando a baixamos?
* Conclusión: se por culpa dos fumes das fábricas e dos coches, producimos dióxido de carbono ou CO2, e se quentamos demasiado a auga do Planeta Terra, a auga do océano quentase, o xeo dos polos derrétese, e haberá máis nubes formadas pola auga. Canta máis calor, a auga máis rápidamente moverase formándose tornados e furacáns. Aumentarán as inundacións e as tormentas tropicais poden ocorrer en Galicia. De feito, por primeira vez na historia houbo un furacán en Galicia o ano pasado... 
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2019/12/20/2019-ano-huracan-galicia/00031576866630684525639.htm

c) Experimento 3. Tirar cousas de basura nun caldeiro e ver se flotan ou se afunden.

 Pide permiso e axuda a unha persoa ADULTA para que colla un caldeiro e o encha con auga. Despois que poña o cubo nun lugar no que non molles ou molestes, por exemplo a bañeira (Acordate de axudar a secar coa fregona cando remates o experimiento). Vas necesitar poñer luvas ("guantes"). Colle dez obxectos da basura distintos, envases de plástico, envases de metal, botellas, restos de verduras. Logo retira os obxectos e mira o estado da auga, se segue sendo transparente ou se queda sucia.
Observa e logo responde a estas preguntas:
  • Que materiais afunden e cales flotan?
  • Como está máis limpa a auga, antes de botar a basura ou despois? 
  • Por que cres que se pon a auga turbia?

* Conclusión, se non reciclamos e a basura chega ao mar, o plástico flota formando as inmensas illas de plástico que é moi difícil de recoller. Pon en perigo aos animais mariños matándoos e o mar énchese de suciedade. Logo comemos os microplásticos nos peixes que chegan ao noso prato.
https://www.lavanguardia.com/vida/junior-report/20180122/44219857784/islas-plastico-oceanos.html

d) Experimento 4. Mestura de agua con diferentes sólidos en pó: fariña, cacao, terra, azúcre. Mestura agua con diferentes líquidos: leite, limpiador de fogar, limpiacritais azul, lavavaixelas.
Enche catro vasos con auga limpa do grifo. Pide a un adulto unha cullerada de fariña, unha de cacao, unha de terra, e unha de azúcre. Bota coa axuda dun adulto  en cada vaso a cullerada do sólido en pó e remexer. Deixar repousar.
Enche outros catro vasos con auga limpa do grifo. Pide a un adulto ou adulta, unha cullerada de leite, unha de limpiador de fogar, outro de limpia cristais e outro de lavavaixelas. Que o adulto/a bote en cada vaso a cullerada de líquido e remexa. Deixar repousar:
Metede o contido dos 8 vasos nun caldeiro e logo vertede 250 ml da mestura dentro dun vaso transparente para ver a cor da auga ao final.
Observa e despois responde estas cuestións:

  • Que sólidos pasado un tempo, quedaron no fondo?
  • Que líquidos pasado un tempo quedaron no fondo?
  • Que sólidos quedaron flotando?
  • Que líquidos quedaron flotando?
  • Que mesturas son homoxéneas? Non se distingue a auga da cousa que se lle botou.
  • Que mesturas son heteroxéneas? Pasado un tempo distínguese o que se lle botou porque sepárase.
  • Como está a auga con todos os produtos xuntos, limpa ou sucia?

* Conclusión, se as fábricas e os fogares botan líquidos sucios que chegan ao río, o río queda contaminado, a súa auga non se pode beber, non se pode usar para regar e morren os animais que viven nel envelenados. Así temos o río Lagares que está moi contaminado, pois a Estación Depuradora só limpa unha pequena parte da auga do río.
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4572932

e) Expermiento 5. Mestura de auga con xabón ata facer escuma.
Enche un vaso de auga, bota un xabón líquido e remexe ata facer escuma. Aviso importante: non bebas a auga con xabón, que o xabón é velenoso.

  • Observa e logo responde a estas preguntas.
  • Que ten a escuma, burbullas de auga ou de aire?
  • Por que pensas que flota a escuma?
  • A auga ule igual ou diferente ao botarlle o xabón líquido? Por qué?
  • Por que non se pode beber a auga con xabón?

*Conclusión, o xabón para bañarse ou lavar a roupa é malo para a vida acuática polo que debemos non abusar do xabón para ducharnos, fregar e lavar a roupa. Estropea a auga dos ríos e logo non a podemos beber ou usar para regar.
http://greenvita.com/blog/index.php/que-impacto-ambiental-tiene-el-uso-de-jabones-y-detergentes-para-el-medio-ambiente/

Actividade 8. Repaso de vehículos contaminantes e non contaminantes.

a) Mira este vídeo sobre a contaminación atmosférica producida polos vehículos a gasoliña.



b) Clasifica os seguintes medios de transporte segundo sexan moi contaminantes, pouco contaminates ou non contaminantes.

barco de cruceiro, gamela coruxeira, iate, andar a pé, correr, autobús, camión, trailer, avión, tren eléctrico, tren a gasoil, coche híbrido, coche eléctrico, coche a gasoliña, coche a diésel, avioneta, bicicleta, patín, patinete eléctrico, carruaxe de cabalos, parapente, ala delta, microbús

NON CONTAMINANTE                 POUCO CONTAMINANTE                MOI CONTAMINANTE

c) Busca neste texto a resposta ás seguintes preguntas: 

  • Por qué en España contamina máis un coche a gasoliña que un eléctrico? 
  • Por qué noutros países contamina máis un coche eléctrico que un coche a gasoliña?
https://motor.elpais.com/actualidad/coche-de-gasolina-contamina-electrico/

Actividade 9. Repaso das sinais de tráfego.


a) Tes esta ficha para imprimir se queres e colorear correctamente as sinais de tráfego.

Colorear pintas señales trafico, recursos seguridad vial -- Traffic signs coloring pages, road safety resources
b) Xogos on-line das sinais de tráfego.

Actividade 10. Normas de educación vial.

a) Actividades de educación vial.
https://www.escuelaenlanube.com/actividades-educacion-vial/

b) Señala correcto o incorrecto.



Comentarios

  1. How many casinos in Atlantic City are open? - Mapyro
    How many casinos in 광주광역 출장샵 Atlantic City 목포 출장마사지 are open? 구리 출장안마 One 오산 출장안마 is Atlantic City. With 8 casino properties in the city, 구미 출장안마 the total

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares