UNIDADE 6. CELEBRAMOS O NADAL.

UNIDADE 6: CELEBRAMOS O NADAL.

Nesta unidade traballaremos aspectos do Nadal como tradición e cultura, dende unha perspectiva científica.

Faremos un repaso dos contidos do primeiro trimestre, pois traballeremos: os transportes (trineo e camelo), os alimentos (a cesta de Nadal), os animais que comeremos, as árbores de Nadal, e os dereitos das persoas en relación á donación de xoguetes, alimentos e roupa.
Tamén faremos unha valoración do excesivo consumo e o impacto negativo no medio ambiente nestas datas.
Valoraremos e crearemos opinión sobre o noso alcalde Abel Caballero e as luces de Nadal.

problemas de contaminación derivados do consumismo de xoguetes, árbores de Nadal

No blogue poñemos á vosa disposisicón unha selección de vídeos sobre os temas seguintes:
  • A orixe da tradición de Nadal dende unha perspectiva histórica.
  • Os vilancicos.
  • Fabricar adornos e decoración de Nadal con material de refugallo.
  • O correo epistolar con cartas a Papá Noel e os Reis Magos non consumistas.
  • Descrición de persoaxes de Nadal: papá Noel e os renos, os Reis Magos e os camelos, o Belén.
  • O espíritu navideño consumista do noso alcalde Abel Caballero.
  • O consumismo dos xoguetes: abuso e contaminación co plástico, abuso de papel de regalo.
  • O problema das árbores de Nadal. deforestación e plástico.

A ORIXE DO NADAL NAS FESTAS SATURNAIS. FESTAS AO NACEMENTO DO DEUS SOL.

As festas saturnais. Infórmate neste enlace das festas saturnais que deron lugar ao Nadal cristiano.

https://www.nationalgeographic.com.es/historia/actualidad/los-origenes-de-la-navidad_6901

E logo este vídeo que explica as saturnais:



As festas saturnais son no solsticio de invenro, neste vídeo explícanvos que son os solsticios de inverno de verán e os equinocios de primavera e outono. Que será iso??????


O planeta Saturno era o Deus da agricultura do Antigo Imperio Romano, e hoxe en día é un planeta estudiado con sondas espaciais (naves equipadas de cámaras de fotos, vídeo e aparellos de medida). Vexamos que saben os científicos de Saturno:



VILANCICOS 
Coma homenaxe á celebración do 3 de decembro Día Internacional da Discapacidade vamos a aprender un par de vilancicos, en Lingua de Signos e outro en Pictogramas.

XA ME TARDAN ESTES MAGOS de Mamá Cabra en Lingua de Signos



BUSCANDO PAPA NOEL UN ÁRBOL DE NAVIDAD de Susa Herrera en Lingua de Signos.






EN NAVIDAD de Rosana en Pictogramas para persoas con discapacidade intelectual.
  


DECORACIÓN DE NADAL CON MATERIAL RECICLADO.



O PROBLEMAS DOS MICROPLÁSTICOS.

O uso do plástico para facer xoguetes, para envasar comida, ou para os produtos para asearnos como a pasta de dentes; acaban en forma de microplásticos na auga e na terra. Por iso debemos evitar mercar a comida envasada en plástico, debemos pedir poucos xoguetes aos Reis Magos e a Papá Noel; e debemos reciclar o plástico, puidendo facer adornos de Nadal con botellas de plástico por exemplo.







Os científicos están tentando recoller as cinco illas de plástico dos océanos. Sen embargo, é unha labor moi complicada, e non soluciona o problema de que os microplásticos entren na cadea alimentaria.




COMO FACER UNHA ÁRBORE DE NADAL CON MATERIAL RECICLADO.

Para evitar talar árbores, ou fabricar árbores de plástico que producen contaminación na súa fabricación, podemos crear árbores de Nadal con material reciclado. Desta maneira recuperamos cartón, plástico e papel de alumnio.




MENUDO DILEMA: QUE CONTAMINA MÁIS UNHA ÁRBORE NATURAL OU ARTIFICIAL?




 PAPÁ NOEL PRESÉNTANOS AOS SEUS RENOS.




QUE OPINAS DO ACENDIDO DE LUCES DE NADAL DE VIGO PROTAGONIZADO POLO NOSO ALCALDE ABEL CABALLERO?



Isto é o que opina un experto en Marketing.





Comentarios

Entradas populares