UNIDADE 11. O CORPO HUMANO E A SAÚDE.

AVISO IMPORTANTE:


Seguindo as indicacións da Consellería de Educación, optaremos pola educación por medios telemáticos. Para falar conmigo, teredes o tokappschool no que habilitaei a resposta aberta. Vouvos propoñer unha serie de actividades para realizar nos próximos 14 días. Son de carácter voluntario e non avaliables, pero sí moi recomendables. Para iso tedes que visitar a entrada Unidade 11. O corpo humano e a saúde; no blogue:


O blogue estará operativo a partires do luns 16 de marzo de 2020. Podedes responder na entrada Unidade 11 en Comentarios, onde resolverei as dúbidas de carácter xeral.

NESTA UNIDADE DIDÁCTICA VAMOS A REPASAR E DIVERTIRNOS CO CORPO HUMANO:

  • Os xogos on-line de matemáticas. Baile das táboas de multiplicar. A multiplicación no noso corpo. suma de tres cifras, a resta sumando, as táboas de multiplicar e o reparto a partes iguais. As moedas e billetes de euro e céntimos.
  • O vocabulario e campo semántico do corpo humano. Cancións sobre o corpo humano.
  • As clases de palabras: nome, adxectivo, verbo. Sinónimos e antónimos. Palabras polisémicas.
  • Os aparellos do corpo humano dados en unidades anteriores e estudar os que faltan: aparello circulatorio e excretor.
  • A Organización Mundial da Saúde.
  • Os políticos responsables de organizar a Sanidade: Presidente do goberno e ministro de Sanidade, presidente de Galicia e Conselleiro de Sanidade.
  • O uso dos puzles e construccións para a mellora da competencia matemática.
  • O uso da lectura como medio de lecer e aprendizaxe.
  • O uso das TIC para a adquisición do coñecemento científico.
Se queredes, podedes cada día adicar: un tempo para matemáticas, outro para lingua galega o castelá, e outro para ciencias naturais e/ou sociais. Non é obrigatorio realizar as actividades, nin realizar todas, nin seguir unha orde específica. Este traballo é voluntario e de repaso, non se vai ter en conta para a avaliación.

VERSIÓN PARA IMPRIMIR DESTA UNIDADE DIDÁCTICA 11. O CORPO HUMANO E A SAÚDE.

Se tedes impresora e folios na casa e queredes, aquí tedes a versión para imprimir en pdf.
https://drive.google.com/file/d/1aWPOiDHbAASm6zdoeHjwzWcc9BGcxvVx/view?usp=sharing

Se non queredes ou non podedes imprimir non o fagades. Podedes escribir directamente en Word, descargando o caderno neste enlace:

https://drive.google.com/file/d/1NWcxzoyWtsYmXAANav481IQmEObuP_62/view?usp=sharing

Tamén podedes abrir un documento de Word baleiro no ordenador e escoller as actividades a realizar na orde que desexedes, e logo traédeas ao cole nun pendrive.

O mellor e coller folios ou unha libreta que teñades por casa e arreglaros cun boli ou lapis que teñades a man. Pero: Por favor, NON SAIADES DA CASA!. Sede responsables e por facer unhas actividades non vos poñades en risco! Despois de todo, as actividades están pensadas para poderse facer on-line, dixital, ou con cousas que hai en calquera casa, sen necesitar ningún material especial.

Un agarimoso saúdo.

ACTIVIDADES DE COMPETENCIA MATEMÁTICA.

ACTIVIDADE 1. Xogos online de matemáticas de 3º de Primaria.

a) Xoga coas matemáticas en cokitos, como máximo 30 minutos ao día para que non ten vicies aos videoxogos.
https://www.cokitos.com/3-primaria/

ACTIVIDADE 2. Bailes estilo urbano das táboas de multiplicar.

a) Repasa bailando as táboas de multiplicar. 

ACTIVIDADE 3. Repasamos a suma e a resta co método OAOA.

a) Escribe a operación en cada folio e realízaa mirando estes vídeos:

Suma por descomposición.      438 + 588 =


Suma por árbol.   58 + 37 =           381 + 114 + 202 =           179 + 381 + 42 =


A resta sumando.   De 68 imos a 142            142 - 68 = 68 + __  + ____   + ____ +  ____  +  ____  =



b) Inventa as túas propias sumas e restas para prácticar seguindo as indicacións do vídeo.

ACTIVIDADE 4. Problemas de multiplicar en casa.

Colle papel e lapis e resolve estos problemas. Podes facer debuxos para resolvelos.

a) Conta as persoas que vivides na túa casa e calcula: Cantas cabezas hai en total? Cantos ollos? Cantas mans dereitas? Cantos dedos de man dereita? Cantas dedos hai nas mans? Cantos dedos hai nos pés? Cantos dedos hai en total contando os das mans e os dos pés? ¿Cantos brazos hai? Cantas pernas hai? Cantas extremidades?

b) Sabendo que na clase de 3º B hai 9 nenas e 9 nenos: Cantos corazóns hai en total? Cantos pulmóns?

c) Realiza a actividade anterior cambiando o número de persoas.

d) Lee este texto e responde: https://www.clubratoncitoperez.es/blog/cuantos-dientes-tenemos/ Cantos dentes temos os adultos? Cantos dentes tes ti?

ACTIVIDADE 5. Xogando na cociña coa multiplicación e a división.

a) Colle varios recipientes iguais (varias tazas, por exemplo) e alimentos pequenos fáciles de contar (garbanzos por exemplo). Agrupa a partes iguais os alimentos e multiplica. Escribe as contas de multiplicar que te saen.

b) Colle varios recipientes iguais e alimentos pequenos contables. Colle unha presa deles e reparte a partes iguais. Escribe as contas de dividir que te saen.

c) Responde a estos problemas de matemáticas: Busca tenedores en casa e calcula. Cantas puntas teñen 2 tenedores? Cantas puntas teñen 3? Cantas puntas teñen 4? Cantas puntas teñen 5? Cantas puntas teñen 6? Cantas puntas teñen 7? Cantas puntas teñen 8? Cantas puntas teñen 9? e Cantas puntas teñen 10 tenedores?

ACTIVIDADE 6. Calculando sumas, restas e multiplicacións con folletos de supermercado.

a) Se tes un folleto de supermercado e moedas soltas por casa podes traballar a suma de céntimos de euros e o redondeo. Escolle 10 prezos e redondea a Euros.

b) Suma varios prezos. Suma por un lado os céntimos e cando te pases a centena pásaos a euros e suma logo todos os euros.

c) Pensa que tes 50 Euros e cantos necesitas para poder mercar algo. Realiza o cálculo coa resta sumando.

d) Colle un producto e calcula canto vale 1 unidade, canto valen 2 unidades, canto 3 unidades, canto 4 unidades, canto 5 unidades, canto 6 unidades, canto 7 unidades, canto 8 unidades, canto 9 unidades, e finalmente canto 10.

ACTIVIDADE 7. Mellora a túa competencia matemática con construccións ou puzles.

a) Podes construír un tangram para xogar.



b) Tamén podes xogar a construcción se tes pezas tipo LEGO ou similares se tedes en casa.

c) E se tes puzles pola casa pódeos montar incluso con axuda da túa familia.


ACTIVIDADES DE COMPETENCIA LINGÜÍSTICA

ACTIVIDADE 1. Canción do esquelete de Migallas en lingua galega.
a) Escribe ao ditado a letra da canción. Recorda facer versos, empezar con maiúsucula e acabar con punto, procura non ter faltas de ortografía.


b) Recorda os nomes dos ósos son nomes. Escribe un nome de óso en xénero masculino-número plural, outro en xénero masculino-número plural, outro en xénero feminino-número singular, e finalmente un en xénero feminino e número plural.

c) Recorda que os adxectivos acompañan ao nome. Escribe catro adxectivos dos que aparecen na canción.

d) Copia os verbos que aparecen dende os 28 segundos de reproducción da canción ata o 58 segundos, é dicir na primeira estrofa.

ACTIVIDADE 2. Canción Vamos todos a bailar la canción del cuerpo de Doremila.
 a) Escribe al dictado la letra da canción. Recuerda hacer versos, empezar con mayuscula y acabar con punto, procura non tener faltas de ortografía.
b) ¿Con qué palabras riman los nombres de partes del cuerpo siguientes: cabeza, manos, piernas, cintura, hombros, colita? ¿Las palabras: "altos" y "abiertas" son nombres o adjetivos? ¿Por qué?

c) Pon atención a las acciones, es decir, que verbos te ordena la canción. Copia los cuatro que más te gusten.

d) Escribe los antónimos (lo contrario) de estos adjetivos de la canción: "alto", "abiertas", "cerrada", "guardada".

e) Busca los sinónimos, una palabra que signifique lo mismo que estos verbos que aparecen en la canción: "poner", "subir", "mover", "bailar".

ACTIVIDAD 3. Recorta y pega un cuerpo entero de una revista o dibújalo.
a) Dibuja tu cuerpo o corta y pega un cuerpo entero de una revista.

b) Localiza con una flecha y escribe el nombre de 20 partes del cuerpo humano.

c) Escribe otras 20 palabras del campo semántico del cuerpo humano. Te doy pistas: las partes del cuerpo, las acciones que puedes hacer con diferentes partes del cuerpo, aparatos y sistemas del cuerpo humano, adjetivos de como son las partes del cuerpo y de la forma de ser de las personas...

ACTIVIDAD 4. Leemos sobre el cuerpo humano.
a) Puedes leer cosas que te gusten en este Altas de anatomía humana o coger libros si tienes en casa que hablen del cuerpo humano.
https://clea.edu.mx/biblioteca/Anatomia-y-fisiologia-del-cuerpo-humano.pdf

ACTIVIDAD 5. Nos aseguramos de leer mínimo 15 minutos todos los días.
a) Os recomiendo leer un mínimo de 15 minutos todos los días.

ACTIVIDAD 6. Escribimos una redacción en gallego y otra en castellano.
a) Escribe unha redacción en galego. Ten que ser unha historia fantástica. Recorda empezar con maiúscula e rematar con punto. Non esquezas os marxes. É suficiente con 20 liñas. Podes facer un debuxo da redacción.

b) Escribe una redacción en castellano siguiendo el formato de la noticia de periódico. Acuerdate de poner un titular, una bajada, una imagen y un cuerpo. El cuerpo tiene que tener 6 párrafos que respondan a las preguntas: ¿Qué pasó? ¿A quién? ¿Cuándo? ¿Dónde? ¿Cómo? ¿Por qué? Recuerda poner los márgenes, las mayúsculas, e intenta no poner faltas de ortografía.

ACTIVIDADES DE COMPETENCIA CIENTÍFICA.

CIENCIAS NATURAIS.

ACTIVIDADE 1. Lee é comprende cales son as funcións dos seres vivos.
Como sabes, os seres vivos temos tres funcións: nutrición, relación e reproducción.
A nutrición é o proceso polo que obtemos enerxía dos alimentos, osíxeno do aire e eliminamos o dióxido de carbono e as feces fecais tamén coñecidas co nome de caca. O aparello dixestivo atrapa os nutrientes dos alimentos (a nosa gasoliña para funcionar) que a queimamos co osíxeno que obtemos respirando aire coa nariz e os pulmóns do aparello respiratorio. O corazón leva os alimentos e o osíxeno ás células. O aparello excretor encárgase de eliminar os produtos tóxicos de desfeito: feces, dióxido de carbono, ouriños e suor.
A relación é o proceso polo que reaccionamos ante o medio ambiente e nos relacionamos con el. Grazas aos órganos dos sentidos: ollos, oídos, lingua, nariz e pel, notamos o que pasa ao noso arredor. É o cerebro e os nervios do Sistema nervioso os encargados de dirixir as nosas accións e reaccións ante o que pasa arredor nosa. O aparello locomotor permítonos movernos para reaccionar aos estímulos do medio ambiente.
A reprodución é a maneira que temos de perpetuarnos. Os aparellos reproductor feminino e masculino xúntanse para dar vida a un novo bebé, e ter fillos cando somos maiores.

ACTIVIDIDADE 2. Función de nutrición: aparello dixestivo, aparello respiratorio, aparello circulatorio e aparello excretor. Realiza un mapa de conceptos de cada un dos aparellos encargados da nutrición.
a) Aparello Dixestivo. Transforma os alimentos en combustible para as células e os separa da caca.

b) Aparello Respiratorio. Colle o osíxeno coa respiración para queimar os combustibles dos alimentos e elimina o dióxido de carbono que sae das células.

c) Sistema Circulatorio. O corazón move a sangue polas arterias que levan os nutrientes e o osíxeno as células. O dióxido de carbono volve polas veas aos pulmóns, e aos riles que son os encargados de limpar o sangue.

d) Aparello excretor. Está formado polo aparello urinario e as glándulas sudoríparas da pel. Recollen toda a porquería das células e a mandan fóra do corpo. Os riles depuran o sangue e forman os ouriños que sae pola uretra ao facer pis. Pola pel botamos auga sucia chamada suor. Tamén ten excreción o aparello dixestivo cando expulsamos as feces polo ano.

ACTIVIDADE 3. Función de relación: Sistema nervioso e Aparallo locomotor. Realiza un mapa de conceptos de cada un dos aparellos encargados da función de relación.

a) Sistema nervioso. O cerebro é o encargado de interpretar a información dos órganos dos sentidos. Os nervios son os cables que van por todo o corpo  e conéctanse co cerebro. O nervios reciben a información dos órganos dos sentidos (ollos, oídos, nariz, lingua, pel) e tamén mandan as ordes do cerebro aos músculos.
b) Aparello locomotor: sistema esquelético e sistema muscular. Os ósos dan forma ao noso corpo e os músculos son os encargados de que nos movamos. Cos movementos facemos as respostas que nos manda o cerebro.

ACTIVIDADE 4. Función de reproducción. Realiza un mapa de conceptos de cada un dos aparellos encargados da reprodución. O aparello reproductor é o que diferencia as mulleres dos homes. Cando unha muller e un home queren ter un fillo, xuntan os órganos sexuais para dar vida a un bebé.

ACTIVIDADE 5. Podes crear unha maqueta dun aparello do corpo humano. Neste vídeo tes un exemplo de cómo facer un aparello respiratorio con botellas de plástico, globos, clips e palliñas. Podes utilizar cinta adhesiva en lugar de pistola de silicona e será máis doado.
E nesta foto tes un exemplo dun aparello excretor.


CIENCIAS SOCIAIS E ATENCIÓN EDUCATIVA.

ACTIVIDADE 1. Que é a Organización Mundial da Saúde ou OMS?

a) Lee esta información:

Todos os países del mundo, que son 195, fixéronse amigos para coidar pola saúde de todas as persoas. Podes saber máis lendo esta información:

http://www.exteriores.gob.es/RepresentacionesPermanentes/OficinadelasNacionesUnidas/es/quees2/Paginas/Organismos%20Especializados/OMS.aspx

ACTIVIDADE 2. Que fai a Organización Mundial da Saúde por nós?

a) Averigua que fai a OMS e realiza un mapa de conceptos ou resumo.

ACTIVIDADE 3. O coronavirus explicado para nenos.

a) Aprende que é o coronavirus e como protexerte del. Realiza un mapa de conceptos ou resumo.


ACTIVIDADE 4. Os políticos encargados da Saúde en España e Galicia.
a) Fai un resumo de que é ser un político.


b) Aprende que son os tres poderes e fíxate ben cal é o poder executivo. Podes facer un mapa de conceptos ou diagrama.

c) Lee este texto. Pincha nos enlaces para ver a biografía dos diferentes políticos que traballan pola saúde en España e en Galicia.

Os políticos do poder executivo que están encargados da Saúde en España e Galicia son estos catro: 
A persoa que máis manda en España nestes momentos é o Presidente Pedro Sánchez. Puso ao seu amigo Salvador Illa de Ministro de Sanidade. Entre os dous teñen que estar pendientes de que haxa saúde en España. Teñen que organizar os cartos que hay para pagar aos médicos, aos hospitales e as máquinas que usan os médicos. Deben garantizar que toda persoa en España teña Dereito a saúde, especialmente os nenos.
A persoa que máis manda en Galicia é o Presidente Alberto Núñez Feijoo. Puso ao seu amigo José Vázquez Almuíña de Conselleiro galego de Sanidade. Está pendiente de que os hospitais de Galicia funcionen perfectamente.

Comentarios

Entradas populares