UNIDADE 13. A CULTURA PROPIA DE GALICIA. RELEVO E MAPAS.

Nesta unidade didáctica imos celebrar "As Letras galegas" que será o 17 de maio de 2020.

Repasaremos os seguintes contidos:
  • As táboas de multiplicar do 2, 4, 6, 8. Os dobres e metades. A multiplicación por dúas cifras.
  • Elementos xeométricos no plano: polígono regular e irregular: lados, vértices e ángulos. Eixo cartesiano.
  • Unidades de medida do diñeiro: euro e céntimos, números decimales décimas e centésimas.
  • Carvalho Calero, autor homenaxeado das Letras Galegas 2020. O texto literario.
  • Clases de palabras: o verbo. Familias de palabras. Palabras derivadas.
  • Ortografía das tildes.
  • Localización de lugares en googleMaps.
  • Mapas de Vigo e Galicia.
  • Mapas de España e Mundo.

Podes descargar o caderno de actividades en archivo de texto ou en pdf nos seguintes enlaces:

Tamén poño aquí, para descarga en pdf, as divertidas actividades do Día das letras galegas: 2020 http://seminariogalan.org/2020/ACT_3_ED_PRIMARIA.pdf

ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS.

Actividade 1. Bailamos as táboas de multiplicar: 2, 4, 6 e 8.

a) Baila a táboa do 2 con big-boxing.



b) Baila a táboa do 4 a ritmo de hip-hop.



c) Baila a táboa do 6 facendo fit combat.



d) Baila a táboa do 8 a ritmo de danzon.

Actividade 2. Construímos as taboas do 2, do 4, do 6 e do 8.

a) Constrúe a táboa do 2.

Colle dez recipientes iguais (10 tazas, 10 vasos, 10 pratos...) e material contable pequeno (grans de café, garbanzos, caramelos, macarróns...). Mete 2 en cada recipiente e vai montando a táboa do 2. 

Debuxa unha fila de 10 círculos iguais. Debuxa en cada círculo 2 boliñas. 

Escribe a táboa do 2. 

b) Construé a táboa do 4. 

Agora mete en cada recipiente outros 2 máis en cada recipiente vai construíndo a táboa do 4. Date conta que a táboa do 4 é o dobre da táboa do 2. Por exemplo 2x3 = 6  e 4x3 = 6+6 = 12. 

Debuxa unha fila de 10 círculos iguais. Debuxa en cada círculo 4 boliñas. 

Escribe a táboa do 4.

c) Construé a táboa do 6. 

Volve a meter en cada recipiente outros dous máis en cada vaso e vai construíndo a táboa do 6. Date conta que a táboa do 6 e o triple da táboa do 2, é dicir tres veces a táboa do 2. Escribe a táboa do 6. Por exemplo 2x3=6, e 4x3 = 6+6, e 6x3 = 6+6+6=18.

Debuxa unha fila de 10 círculos iguais. Debuxa en cada círculo 6 boliñas. 

Escribe a táboa do 6.

d) Construé a táboa do 8. 

Volve a meter en cada recipiente outros dous máis en cada vaso e vai construíndo a táboa do 8. Date conta que a táboa do 8 é o dobre da táboa do 4, é dicir catro veces a táboa do 2. Escribe a táboa do 8. Por exemplo, e 4x3 = 12, e 8x3 = 12+12 = 24. 

Debuxa unha fila de 10 círculos iguais. Debuxa en cada círculo 8 boliñas. 

Escribe a táboa do 8.

e) Reflexiona.

Fíxate que:
2x3 = 6,
4x3 = 6+6 = 12 
6x3 = 6+6+6 = 18
8x3 = 6 +6+6+6 = 24

Como podes ver, se sabes a táboa do 4 é o dobre da táboa de 2, e a táboa de 8 é o dobre da táboa do 4. Exemplo:
4x1=4   que é (2x1) + (2x1) 
8x1=8 que é (4x1) + (4x1)

A do 6 podémola sacar a partir doutras táboas más fáciles: 
A táboa do 6 é 3 veces a táboa do 2. Ou 2 veces a táboa do 3. Exemplo: 6x1 = 6 que é (3x1) + (3x1)
Pero tamén é a suma da táboa do 4 + 2. Exemplo: 6x3 = 18 que é (4x3) + (2x3)
Ou aínda máis fácil, a táboa do 5 + 1. Exemplo 6x4= 24 que é (5x4) + (1x4)

Actividade 3. Multiplicación OAOA.

a) Sumas dobles. Coas sumas dobles, prepárate para multiplicar por dous.

b) Practica as sumas dobres.
Realiza as seguintes sumas dobres collendo moedas ou billetes. Podes usar moedas e billetes reais, ou podes fabricalas calcando con lápiz ou ceras ou debuxándoas, ou se tes impresora imprimilas. 
Déixote un modelo aquí
Recorda que para sumar dobres tes que sumar céntimos con céntimos e euros con euros. Se sumas 100 Euros + 100 céntimos non da 200 Euros, da 101 euros porque 100 céntimos é 1 euro, por exemplo.
2 euros + 2 euros=
3 euros +3 euros =
6 céntimos +6 céntimos=
20 céntimos +20 céntimos=
50 euros +50 euros =
100 euros +100 euros =
200 euros +200 euros =
300 céntimos +300 céntimos =
15 céntimos+ 15 céntimos =
36 euros + 36 euros =
103 euros + 103 euros =
235 euros + 235 euros =

c) Multiplicar por unha cifra usando a estratexia de descomposición ou vestidos. 
Observa como se multiplica por unha cifra por descomposición.

Fai estas multiplicacións ao mesmo tempo que volves a ver o vídeo:
 38x2 =
 46x2 =
 57x2=
Agora fai estas outras multiplicacións e compara os resultados coas anteriores. A que conclusión chegas?
38x4=
46x4=
57x4=
Facemos agora estas outras e compara os resultados coas anteriores. A que conclusión chegas?
38x6=
46x6=
57x6=
Facemos agora estas outras e compara os resultados coas anteriores. A que conclusión chegas?
38x8=
46x8=
57x8=
Realiza as seguintes multiplicacións seguindo a estratexia de descomposición.
123 x 2 =
12.523 x 1 =
234.368 x 1 =
204 x 3 =
325 x 4 =
528 x 5 =
119 x 6 =
312 x 8 =
152 x 9 =
1.324.231 x 0 =

d) Multiplicación por dúas cifras usando a estratexia de descomposición.
Hai moitas formas de multiplicar un número por dúas cifras. Vamos a traballar a que se parece máis a como aprendimos os teus pais e máis eu, para que lles sexa máis fácil explicarvos. Hay que descompoñer os dous números antes de multiplicar.

Observa como fai Juan Manuel esta multiplicación: 245 x 28
Agora faina ti, vendo o vídeo.

  245
x 28
---------

Practica con estos exemplos máis sinxelos:
321 x 12 =
123 x 51 =
678 x 32 =
246 x 25 =
365 x 14 =

e) Sabendo que o kilo de peras conferencia está a 1,29 euros. Calcula canto custan as seguintes cantidades: 
1 kilo de peras conferencia é 1,29 x 1 =
2 kilos de peras conferencia
4 klos de peras conferencia
6 kilos de peras conferencia
8 kilos de peras conferencia
10 kilos de peras conferencia

Repite o problema anterior con outros prezos que teñan euros e céntimos.

Actividade 4. Elementos xeométricos no plano: polígono regular e irregular: lados, vértices e ángulos.

a) Figuras planas:


b) Mira as partes dos polígonos.







Agora que xa sabes o que son os polígonos, ou figuras no plano dime como se chama o polígono que ten: 
3 lados: triángulo
4 lados: ___________
5 lados: ___________
6 lados: ___________
7 lados: ___________
8 lados: ___________
9 lados: ___________
10 lados: ___________

c) Busca polígonos na túa casa. Escribe o nome de dez cousas que teñan forma de polígono en casa.

d) Busca figuras redondas ou circulares: Escribe o nome de dez cousas que teñan forma redonda en casa.

e) Debuxa os seguintes figuras planas que tes por casa, seguindo estas pistas:
Pista 1. Ten catro ladose atópalo na parede da cociña ou do baño.
Pista 2. É a forma dun prato, dun vaso ou dunha taza.
Pista 3: Ten tres lados e está recheo de queixo fundido.
Pista 4: Está dentro do ordenador, búscao en googlemaps, é o edificio do servicio de intelixencia de Estados Unidos e ten cinco lados.
Pista 5. É a forma dos libros, dos marcos de fotos, as portas da casa, da televisión e da tablet.
Pista 6. É a forma da mesa da cociña.
Pista 7. Inventaa ti...

Actividade 5. Eixo cartesiano.


a) O eixo de coordenadas no plano serve para situar puntos nun mapa. Tamén serve para situar puntos no globo terráqueo, é dicir, para atopar sitios no planeta Terra. O eixo de coordenadas tamén pódese usar para outras cousas diferentes: localizar puntos, escribir a fórmula dun polígono, realizar unha gráfica, xogar ao "Fundir a flota"...

b) Busca o lugar coas coordenadas: 42.197987, -8.780108 
Copia os números, abre o enlace https://www.google.es/maps e finalmente pega dentro do cadro onde pon "Buscar en GoogleMaps" Dalle a Enter e mira que lugar atopas. Vai a vista Street View. Recordas ter estado algunha vez nese sitio? De que te soa? Bótalo de menos? Ten que ver ese sitio algo co profe Andrés?

ACTIVIDADES DE LINGUA GALEGA E CASTELÁ.

Actividade 1. Averigua que é o Día das Letras Galegas e por que celébrase o 17 de maio en Galicia. Lee este texto e fai as actividades.

http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2019/02/ficha0.pdf

Actividade 2. Ricardo Carballo Calero. Aprende quen foi con encrucillados, sopas de letras e unha morea de actividades divertidas:

http://seminariogalan.org/2020/ACT_3_ED_PRIMARIA.pdf

Actividade 3. Coñece a Ricardo Carballo Calero. 
a) Lee este texto e fai as actividades: 
http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2020/02/ficha1.pdf

b) Ricardo foi un gran poeta: escribía poesías: texto literario en verso. Aprende sobre a poesía de Ricardo Carballo Calero. Le este texto e fai as actividades: 
http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2020/02/ficha2.pdf

c) Se queres saber máis sobre o autor hiomenaxeado polas Letras galegas no ano 2020, preme neste enlace. Investiga, le e fai as actividades que desexes libremente.
http://primaveradasletras.gal/

Actividade 4. Vamos a aprender a bailar unha Xota.
a) Déixovos un vídeo do meu anterior cole o Saladino Cortizo, para que aprendades a bailar un xota a partires da Cantiga popular galega: "Castañas do teu Magosto". (Está publicado na páxina: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceesaladinocortizo/)




Actividade 5. O verbo.

a) Que é o verbo?
Recorda que hai diferentes tipos de palabras: nomes, adxectivos, verbos, adverbios, artículos, determinantes, pronomes, preposicións, conxuncións. Como estamos en terceiro, vamos a aprender que é o nome, o adxectivo e o verbo, nada máis. Se tes curiosidade, por coñecer as clases de palabras, mira este vídeo.


O nome é un maleducado que sinala a todo o mundo: é a etiqueta que poñemos a cada cousa, persoa, animal, sentimimento ou pensamento. Un nome é a palabra que etiqueta, indica, sinala algo. Por exemplo o teu nome. Para saber máis cousas sobre o nome podes ver este vídeo:

O adxectivo é un cotilla. Vaille contando a todo o mundo cousas sobre o nome: o tamaño, a cor, a forma, a forma de ser. Un adxectivo é unha palabra que nos da información, datos sobre un nome. Por exemplo: vermello é un adxectivo para coche. Coche sería o nome e vermello o adxectivo. Repasa que son os adxectivos neste vídeo:


O verbo é un chivato. Sempre vai a dicir que está facendo o nome, ou que lle está pasando. É o que vamos a aprender hoxe. Son as palabras que indican accións ou cousas que pasan, por exemplo: as palabras usan para dicir o que máis che gusta facer como bailar, cantar, xogar, comer, ler, xogar... Todas as accións que pasan ou que fan persoas, animais ou cousas, ou que pasan son verbos: comer, correr, amar, soar, romper, facer, ser, estar, vivir, soñar... Agora que xa sabes o que un verbo...

b) Mira con atención estes dous vídeos, se despois tes dúbidas, podes dicirlle aos teus pais que me pregunten por tokapp ou e-mail, e chámote por teléfono se queres.




c) Realiza estas actividades sobre o verbo. Ollo! Atopa no vídeo de aulafácil o erro, xa que confundiron o verbo en presente co verbo en infinito!

https://www.aulafacil.com/cursos/lenguaje-primaria/lengua-tercero-primaria-8-anos/el-verbo-l7889

Actividade 6. Familias de palabras e palabras derivadas.
a) Aprende que é unha familia de palabras.

Da mesma maneira que da nai nacen os fillos que forman unha familia de persoas, das palabras primitivas nacen as palabras derivadas para formar unha familia de palabras. As persoas primeiro inventan unha primeira palabra: a palabra primitiva, e cambiando un pouco esas palabras inventando as palabras derivadas. Derivadas é que derivan de, que nacen de ou aparecen de.
Vouche poñer un exemplo de Ciencias da Natureza que non ten que ver con Lingua, para que entendas que é iso de "derivado". Derivado significa: "ven de", "sae de". Por exemplo o leite é un líquido branco co que as femias dos mamíferos alimentan ás súas crías cando acaban de nacer. Os humanos facemos os derivados do leite. Sacamos o leite das ubres ou mamas das vacas e fabricamos outros alimentos que saen do leite ou que veñen do leite como son por exemplo, os alimentos que se fan con leite: iogur, queixo, manteiga, natillas, xeado; tamén coñecidos como derivados lácteos.
Ti tamén saiches ou ves de túa nai, polo tanto derivas, naces dela e sodes da mesma familia.

As familias de palabras están formadas por unha palabra primitiva da que nacen as demáis. Por exemplo, da palabra primitiva "forza" derivaron as palabras derivadas: forte, forzudo, forzar, forzado, forzoso, forzosamente, reforzar, reforzado, fortaleza, fortalecer, fortalecemento, fortificar, fortificación.

Primeiro inventouse a palabra primitiva, e co tempo, a xente foi creando palabras novas a partir da primitiva. A estas novas palabras que derivan da primitiva, chamámoslles palabras derivadas. A familia de palabras está formada pola palabra primitiva e as súas derivadas.





Da seguinte familia de palabras,  cal cres que é a palabra primitiva e cales as derivadas:
soleado - solete - sol - insolación
 palabra primitiva: _____________
 palabras derivadas: ___________________ , _____________________ , ___________________ .

b) Realiza estas actividades sobre as familias de palabras.
https://www.aulafacil.com/cursos/lenguaje-primaria/lengua-quinto-primaria-10-anos/palabras-primitivas-y-derivadas-familias-de-palabras-l7944

Actividade 7. A ortografía das tildes.

a) Neste vídeo explican que tipos de palabras hai:




b) Neste outro vídeo explican que palabras levan tilde.


As palabras agudas, lévanlle a contraria ás palabras "graves", polo que só levan tilde na última sílaba se acaban en "n", "s" ou "vogal (a, e i, o u)". Exemplo: camión, bes, menú.

Case todas as palabras do galego ou do castelán son "graves" ou "llanas", que acaban en "n", "s" ou "vogal (a, e, i, o, u)", por iso só levan tilde aquelas poucas palabras graves que non acaban nin en "n", nin en "s", nin en "vogal". Exemplo: cil, néctar, césped.
En galego e castelán, unhas poucas palabras son esdrúxulas. Son tan poucas, que, absolutamente todas as palabras esdrúxulas levan tilde, polo que as palabras esdrúxulas son moi boas, non nos complican a vida. Sexamos xenerosos, tildes para todas as palabras esdrúxulas. Exemplo: esdrúxula, sica, fantástico

c) Realiza estas actividades para practicar a separación de sílabas, atopar a sílaba tónica e poñer ven as tildes nas palabras agudas, graves ou esdrúxulas.

http://www.ladislexia.net/wp-content/uploads/2015/11/Actividades-para-aprender-a-poner-tildes.pdf


ACTIVIDADES DE CIENCIAS SOCIAIS E NATURAIS.


Actividade 1. O relevo e os mapas.

a) Mira a terra en vivo e en directo desde a Estación Espacial Internacional.



b) O relevo.

A Terra non é lisa, a súa superficie está enrugada. As partes máis altas son as montañas, e as partes máis baixas están debaixo do mar. Para entender o que é o relevo, vamos a facer uns xogos.

Experimento 1. Pecha os ollos e toca cousas ou superficies de diferentes texturas lisas e rugosas. Canto máis lisa é unha superficie, máis suave será ao tacto, pero canto maís rugosa, máis áspera resulta. Presta especial atención ás cousas que sean rugosas, é dicir que teñan relevo. As moedas teñen gravado un relevo moi claro: o valor da moeda, o número, algún debuxo... O tapizado do sofá tamén ten un relevo craro. A pantalla do móvil, os cristais das ventás ou a pantalla da televisión non teñen relevo, son totalmente lisa. O tapizado do sofá, as alfombras do chan, as cerdas dos cepillos,  por contra son rugosas. Experimenta co tacto o relevo de diferentes cousas que teñas por casa.

Experimiento 2. Vas coller un folio liso e vas a poñelo enriba dunha mesa e pasar a man por riba. Notarás que é liso e non ten enrugas, todo está ao mesmo nivel. Agora enruga a folla, estíraa de novo e pona sobre a mesa. Esta vez que o folio está deformado, verás que unhas partes do folio están máis altas que o nivel da mesa. Acabas de crear un relevo no folio.

Experimento 3. Vas a buscar cousas que teñan relevo por casa, é dicir, que non sexan lisas, que teñan textura. Por exemplo: moedas, e vas a marcar cun lapis ou cera de cor o seu relevo no papel.



c) Mira como se representa a superficie da Terra con globos terráqueos e mapas.




Actividade 2. Localiza lugares con GoogleMaps.
GoogleMaps é un programa informático que permite buscar calquera dirección ou lugar do mundo. Para iso utiliza satélites que son naves espaciais que sacan fotos do planeta Terra a distintas alturas. Tamén usa os coches de Google para sacar fotos das casas e das rúas. Con todo iso, temos esta ferramenta coa que podes visitar calquera lugar do mundo.

Usa GoogleMaps para localizar lugares: https://www.google.es/maps/@40.2085,-3.713,6z

Podes buscar a túa casa, o colexio Carrasqueira, o parque ao que soes ir...

Busca os lugares aos que gustaríache viaxar e míraos empregando a opción de StreetView. A min encantaría ir ás pirámides de Giza, ao Taj Mahal, ao templo Angkor Wat, a Dubai, ás illas do Caribe, por exemplo.



Podes ver como son as cousas en realidade dende o aire dándolle a vista "Satélite"

Actividade 3. O mapa de Vigo.

Un mapa non é máis que un debuxo de como se vé dende arriba un lugar. Pero non é un debuxo calquera, é unha cartografía. É un plano a escala feito con exactitude e precisión, no que aparecen as cousas máis importantes, as formas e contornos. Está acompañado de palabras para que se vexa como se chaman as rúas, estradas e camiños; e para sinalar os lugares máis importantes: catedrais, hospitais, paradas de autobús...

a) Mira dende o aire como é a praia de Samil de Vigo, para que comprendas como se fai un mapa.



b) Mira dende o aire como se planificaron os tres polígonos de edificios do novo barrio Pau de Navia que naceu en 2002, dez anos antes de que ti naceras...

c) Aquí tes un mapa interactivo de Vigo. Preme no enlace para buscar lugares de Vigo.

https://goo.gl/maps/UbqoA618pznzoYvaA


Actividade 4. O mapa de Galicia.

a) Mira este vídeo sobre o mapa de Galicia.


Localiza nun plano de Galicia as seguintes cidades: Vigo que é onde vivimos nós, a capital de cada provincia: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. A capital de Galicia que é Santiago de Compostela.

Actividade 5. O mapa de España.

a) Aprende a canción das comunidades autónomas de España.


b) Escribe o nome das Comunidades autónomas na orde en que aparecen na canción. Recorda que ten que ser en maiúscula porque son nomes propios de lugares (topónimos)

c) En que comunidade autónoma vives ti? Que dous idiomas oficiais ten?
Actividade 6. O mapa de Europa.

a) Nos vivimos no continente Europa. Aquí tes o mapa.


Localiza España na península Ibérica e Galicia ao Norte. Que está máis preto de Galicia, Francia ou Portugal?

Conta o número de países que hai actulamente en Europa. Cantos son?

A cal destes países europeos gustaríache viaxar se puideras ir de vacacións? ¿Por qué motivo? Por exemplo, a min gustaríame ir a Austria para visitar a casa de Mozart. E a ti?

b) Como é o continente europeo?


Cal e o dato de Europa que che resultou máis interesante? Indícao.

Actividade 7. O mapamundi.

a) O mapamundi e un mapa do mundo enteiro, é dicir, da superficie do planeta Terra.







b) Os continentes son as partes de terra seca que non están debaixo do mar.
Escribe o nome dos continentes:
Cantos continentes hai?
Cal é o teu contiente favorito? Por qué? Por exemplo, o meu é Australia porque alí vive o ornitorrinco e gustaríame velo en realidade, e Sidney paréceme unha cidade impresionante.

Comentarios

Entradas populares