UNIDADE 12. EMOCIONANTES CONTOS SOLIDARIOS E POEMAS INFANTÍS.

A continuación tes un texto expositivo escrito no que te propoño as actividades para realizar nas próximas semanas. Durante os próximos 15 días vamos a celebra a Semana do libro (do 20 ao 24 de abril de 2020) e o Día 2 de maio contra o Acoso Escolar.

Nesta unidade didáctica vamos a  traballar arredor da "Invención da Escritura" para repasar:

  • As táboas de multiplicar do 1 e do 5 en relación ao reloxo, a táboa do 7 en relación ás semanas, e táboa do 10 en relación ás décadas.
  • A multiplicación por unha cifra. 
  • Os elementos xeométricos básicos: punto, recta, segmento e ángulos.
  • Unidades de medida de lonxitude: centímetro, milímentro y metro: números decimales (décimas).
  • O texto literario, contos e poemas infantís.
  • O nome, o adxectivo e o verbo. Palabras compostas. Ortografía: r/rr, mb/mp, z/c/q, g/gu/gü
  • A evolución da humanidade. Principais etapas históricas. Prehistoria e Historia. Invención da escritura.
VERSIÓN PARA IMPRIMIR. CADERNO DE ACTIVIDADES DA UNIDADE 12 EN PDF E WORD.

Descarga nestes enlaces o caderno de actividades da unidade 12 en formato pdf e word.

EN PDF
UN EXEMPLO DE LIBRO DE HISTORIA DE 3º B EN PRESENTACIÓN PDF E ODP.

EN PDF
https://drive.google.com/open?id=1uJ-IyP_iap7cY2fExHIBYmptai6VnpJz

EN ODP
https://drive.google.com/open?id=1eiDeiaqh9Hzwa0d9RPzjk6mnLX9VTu19


ACTIVIDADES DE ATENCIÓN EDUCATIVA.
a) Mira este conto contra o acoso escolar coa túa familia. Podes facer un resumo dun deles. (Os contos son textos orais literarios de narrativa)



b) Fala cos teus pais sobre estes consellos que vouche dar:
  • Non fagas cousas malas aos demáis. Non pegues, nin insultes, nin aisles. A ti tampouco gústache que te fagan cousas malas.
  • Non permitas que te falten ao respecto. Deféndete de maneira pacífica dicíndolle con poucas palabras e coa cara seria: "Para de molestarme". 
  • Se non eres capaz de defenderte, pide axuda a un adulto sempre: profes ou pais. Se algún adulto non te fai caso, cóntallo a outro adulto ata que te fagan caso.
  • Respecta os defectos dos demáis e esfórzate por ver as súas virtudes. Todos temos defectos e virtudes, ninguén é perfecto. Ninguén e mellor ou peor que outra persoa. É unha cousa moi fea rirse dos defectos dos demáis. 
  • Cóntalle ao profe ou a un adulto cando te faltan ao respecto, sobre todo, cando non sabes como resolver o problema. Tamén cóntalle se ves que fan dano a outra persoa, sexa ou non amigo teu. Contar as cousas malas aos maiores non é ser chivato, e buscar a solución a un problema.
  • Se ves que tratan mal a un compañeiro ou compañeira, non te unas aos abusóns para facer o mesmo. Non obedezas as persoas que che mandan facer cousas malas, sé máis listo que eles. Avisa ao profe sin que os abusóns se enteren para que o profe poida solucionar o problema.
  • Trata con cariño, xoga e faite amigo das persoas que sufren por culpa doutras persoas. 
  • Se todos e todas o facemos así, entre todos e todas acabaremos co bulling, e seremos felices.
c) Escoita esta bonita canción sobre a amizade en galego. Podes copiala nun folio en versos, e corrixir as faltas de ortografía. É un texto oral literario de poesía. (As cancións son textos literarios de poesía, orais en con música).




ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS.

ACTIVIDADE 1. A dificilísima táboa do 0. (A explicación de matemáticas dun youtuber é un texto oral expositivo).

a) Escribe o número máis grande que se che ocorra e multiplícao por cero, a ver que che da.


ACTIVIDADE 2. Bailamos as táboas de multiplicar do 1, 5, 7 e 10. (As cancións de táobas de multiplicar son textos orais expositivos, pero tamén literarios de poesía con música).

a) Tabla de multiplicar 1. Baila facendo os xestos que vai cantando Miliki!

b) Tabla de multiplicar do 5. Baila a táboa do 5 facendo boxeo.

c) Tabla de multiplicar do 7. Baila jazz-funk ao ritmo da táboa do 7.

d) Tabla de multiplicar do 10. Baila salsa-casino ao ritmo da táboa do 10.


ACTIVIDADE 3.As táboas de multiplicar do 0, 1, 5, 7 e 10 na vida real.

a) Construímos a táboa do 0, do 1, do 5, do 7 e do 10. Vamos a necesitar dez recipientes iguais en casa e material pequeno fácil de contar: grans de café, garbanzos, alubias, caramelos...

Para montar a táboa do 0, collemos os dez recipientes e non poñemos nada a ningún. Observa un recipiente tes cero, en dous recipientes cero, en tres recipientes cero... Todo número multiplicado por cero da cero.

Para montar a táboa do un: Collemos e poñemos en cada un dos dez recipientes unha unidade. Vemos que nun recipiente hai unha unidade, en dous recipientes 2 unidades, en tres recipientes 3 unidades, en 4 recipientes 4 unidades, en 5 recipientes 5 unidades, en 6 recipientes 6... e seguimos ata o 1x10.

Engadimos 4 unidades en cada recipiente para poñer 5 unidades en cada recipiente. Observamos a relación que hai entre a táboa do 1, a táboa do 4, que fan entre as dúas a táboa do 5. Asegurámonos que poñemos en cada recipiente 5 unidades e vamos calculando, cantas veces hai 5 nun só recipiente (5x1=5), cantas veces hai cinco en 2 recipientes, cantas veces hai cinco en 3 recipientes... ata chegar a 5x10.

Montamos a táboa do 7, para iso metemos en cada recipiente con 5 unidades, dúas máis, para ter 7 unidades en cada recipiente. Observamos a relación que hai entre a táboa do 5 e a táboa do 2, que fan entre as dúas a táboa do 7. Asegúrate de poñer en cada recipiente 7 unidades e vamos calculando a táboa do 7: cantas veces hai 7 nun único recipiente (7x1=7), en dous recipientes (7x2), en en tres recipientes, en catro, en cinco, en seis... ata finalizar con 10 (7x10).

Montamos a táboa do 10, para iso metememos en cada recipiente 10 unidades. Observa que a táboa do 10 e dez veces a do 1, dúas veces a do 5 e a suma da táboa do 7 máis a táboa do 3. Asegúrate de que en cada recipiente poñes unha decena, é dicir, 10 unidades.

b) Series. Nun folio en horizontal debuxa unha fila de 10 círculos iguais. Bravo!, xa tes a táboa do cero, suma de cero en cero e terás como resultado final...  (Non creo que chegues a nada) XD.

Pon no primeiro círculo o 1 e vai sumando de 1 en 1 ata colocar os números de 1 a 10. Montara táboa do 1 con recipientes para asegurarte que fas ben o cálculo.

Fai o mesmo contando de 5 en 5. Realiza a serie de sumar de 5 en 5 nunha fila de círculos. Monta primeiro a táboa do cinco con recipientes.

Fai o mesmo contando de 7 en 7. Realiza a serie de sumar de 7 en 7 nunha fila de círculos. Monta primeiro a táboa do sete con recipientes.

Fai o mesmo contando de 10 en 10. Realiza a serie de sumar de 10 en 10 nunha fila de círculos. Monta primeiro a táboa do sete en recipientes.

Escribimos as táboas do 1, do 5, do 7 e do 10. Escribe nunha folla as táboas de multiplicar do 1, do 5, do 7 e do 10. 

c) Problemas de multiplicar. Inventa problemas de multiplicar coas táboas do cero, un, cinco, sete e dez. Póñoche un exemplo de cada unha:

Cantos picos teñen 5 persoas? 0x5=
Cantos cornos teñen 7 unicornios? 1x7=
Cantos cornos teñen 6 vacas? 2x6=
Cantos dedos hai en 3 mans de orangután? 5x3=
Cantas patas teñen 8 cangrexos? 10x8=

ACTIVIDADE 3. Ás táboas de multiplicar do 1, 5 no reloxo, a táboa do 7 no calendario e a táboa do 10 para contar décadas.

a) Vídeo que explica como ler o reloxo. Mira o vídeo que explica como ler o reloxo. (A explicación do reloxo é un texto oral expositivo de un youtuber).

b) Buscando a táboa do 1 e do 5 no reloxo.
Vas necesitar un reloxo analóxico grande, como pode ser un de cociña ou salón, ou senón, facer un cun plato de postre  para marcar un círculo sobre un folio ou cartón, e poñer os números de 1 ao 12 coa axuda dun adulto. Vas necesitar dúas cousas que fagan de agullas, por exemplo un bolígrafo: a tapa fai de agulla horaria e o bolígrafo de minuteiro.

A táboa do un está na agulla horaria. Para saber ler a hora, multiplica por 1 o número que marca a agulla horaria ou pequena. 
Para calcular os minutos que pasaron (sabendo que 1 hora = 60 minutos), multiplica o número que marca a agulla grande por 5. Tamén podes contar de 5 en 5 tocando cada un dos números (5, 10, 15, 20, 25, 30, 35, 40, 45, 50, 55, 60). Son os resultados de multiplicar 1x5, 2x5, 3x5, 4x5, 5x5, 6x5, 7x5, 8x5, 9x5, 10x5, 11x5 e 12x5.

c) A hora, a media hora e os cuartos de hora.
Se en casa hai pizza, tortilla o tarta para comer, pide que cha deixen cortar en dúas partes iguais polo centro e logo outra vez en catro partes iguais. Así a ves primeiro enteira, logo dividida en dúas metades e finalmente en catro cuartos.

Fraccionar, dividir ou partir é o mesmo: son palabras sinónimas. 1 significa = 1 unidade enteira sen partir, 1/2 é que partimos en dúas partes iguais e collemos unha (1 partido de 2); 1/4 é que partimos en catro partes iguais e collemos 1 (1 partido de 4). Se pensamos en pizza 1 e a pizza enteira, 1/2 é que partimos a pizza en dous trozos ou fraccións iguais, pero sólo collemos unha parte de dúas (a metade). Se collemos 1/4 o que facemos é dividir a pizza en catro trozos ou fraccións iguais, pero só collemos unha (a cuarta parte).

Unha hora é unha circunferencia completa que da a agulla horaria pequena arredor do reloxo: un círculo completo. Media hora é a metade do círculo, nun círculo hai dúas metades. Canto é a metade de 60? Un cuarto de hora é partir o círculo en catro partes iguais. Para iso tes que partir un círculo en dúas medias horas e volver a partir en dous cada media hora. Canto é a metade dunha media hora de 30 minutos? 

Marca nunha folla ou cartón reciclado tres círculos iguais. Axúdate dunha taza ou vaso para debuxar os círculos. Recorta os círculos. No primeiro círculo escribe 1 hora = 60 minutos. 
Pide axuda a un adulto para dividir o segundo círculo en dúas metades iguais e escribe en cada medio círculo 1/2= 30 minutos. Ves que as dúas metades suman 60 minutos.
Pide axuda para dividir o terceiro círculo en catro partes iguais e escribe en cada cuarto de círculo 1/4=15 minutos. Comproba que 15x4=15+15+15+15= 60.

d) Buscando a táboa do 7 no calendario.
Precisas un calendario para facer esta actividade. Fíxate ben e mira canto días ten unha semana: luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo. Son 7, verdade? Pois nunha semana hai 7 días. En cada semana hai 5 días laborables (luns, martes, mércores, xoves e venres) e 2 días de fin de semana (sábado e domingo). Se sabes a táboa do 5 e do 2, sabes a do sete. Por exemplo, nunha semana hai 5 días laborables e 2 días do fin de semana, en total 7 por semana. En catro semanas hai 5x4=20 días laborables catro fines de semana 4x2=8. En 4 semanas 7x4=28 días. Que mes dura 28 días, é dicir, exactamente 4 semanas?. ¿Por que este ano non hai mes de 28 días e ten 29 días? (Busca esta resposta no  Que meses duran 4 semanas e 2 días? Que meses duran 4 semanas e 3 días? 

e) Contamos os anos por décadas.
Cada vez que xuntamos 10 unidades temos un decena (1 decena son 10 unidades). Un ano é unha unidade e se xuntamos dez anos temos década (1 década son 10 anos, unha decena de anos). O século XXI empezou no ano 2000 e estamos en 2020. Cantos anos pasaron? Cantas décadas?
Vamos a ver cantos anos ten un século que son dez décadas.
1 década x 10 anos = os nos que vas a ter en 5º
2 décadas x 10 anos =
3 décadas x 10 anos =
4 décadas x 10 anos = a idade do profe Andrés
5 décadas x 10 anos =
6 décadas x 10 anos =
7 décadas x 10 anos =
8 décadas x 10 anos =
9 décadas x 10 anos =
10 décadas x 10 anos =    un século

ACTIVIDADE 4. Xogamos ao Pacman de multiplicar coas táboas do 5, 7 e 10.
a) Xoga ao Pacman de multiplicar. 
Selecciona primeiro as táboas que tes querepasar:  5, 7 e 10. Non xogues máis de 30 minutos ao día que non queremos que te vicies aos videoxogos.


ACTIVIDADE 5. Multiplicamos por 1 cifra con OAOA.

a) Mira o vídeo. (A explicación de como se fai unha multiplicación é un texto oral expositivo).


b) Realiza as multiplicacións nesta orde:

5 x 23 =
5 x 215 =
3 x 46 =
3 x 124 =
6 x 24 =
2 x 324 =
4 x 18 =

c) Inventa as túas propias multiplicacións por unha cifra.

ACTIVIDADE 6. ELEMENTOS BÁSICOS DE XEOMETRÍA.

a) Mira o vídeo e fíxate ben en que é un punto, unha recta, un segmento e un ángulo. (Este vídeo de ángulos é un texto oral expositivo).

b) Agora resolve as seguintes cuestións:
Pon a man sobre un folio e repasa arredor facendo unha liña do contorno ou perímetro da túa man.
Colle 5 cores ou rotuladores de distinta cor e debuxa cada un dos cinco tipos de liñas. Escribe arredor da man o nome de cada liña na cor que a pintaches.
Que é unha recta?
En que se diferencian as liñas paralelas das secantes?
En que se diferencian as rectas dos segmentos.
Que tipos de ángulos hai?
Colle dous segmentos en casa e
Que son as rectas perpendiculares?

c) Busca rectas, segmentos e ángulos na vida real.
Como son as liñas do pentagrama musical paralelas ou secantes?
Azulexos. Busca rectas paralelas e perpendiculares nos azulexos do baño ou cociña. Observa os catro segmentos que forman cada un dos rectángulos de cada azulexo. Observa os ángulos rectos que se forman entre sí.
Portas. Busca as rectas paralelas, ángulos rectos e perpendiculares nas portas da casa, nos marcos das portas, etc.
Rodapés. Busca as rectas paralelas nos rodapés do chan.
Madeira do chan: Busca rectas paralelas e rectas perpendiculares. Observa os rectángulos que rodean cada táboa individual.
Colle dous lápices, dous bolígrafos e expermienta para poñelos en paralelo =, en secante X ou en perpendicular + 
Despois coloca os rotuladores en paralelo =, en secante X ou en perpendicular, e repasa e debuxa dúas rectas paralelas, dúas secantes, e dúas secantes que sean perpendiculares.
Fíxate que tipos de liñas hai nas letras. A liña recta é a l minúscula, a c é unha liña curva aberta, a o é unha liña curva pechada, a V maiúscula é unha liña poligonal aberta , pero non hai ninguna letra que sexa unha liña poligonal pechada. Curioso, a que si?
Fixate que o signo menos é un segmento, que o signo de sumar unha cruz en perpendiculares, o signo por son rectas secantes, e que o signo igual son dúas liñas paralelas. Curioso, verdade?


d) Crea un debuxo empregando únicamente liñas, rectas, ángulos e segmentos. Podes usar para facer as liñas calquera tipo de cores, rotuladores, lápices, etc,  Non podes encher con cor as formas pechadas que aparezan. Utiliza unha folla ou cartón reciclado se é posible. por exemplo, a parte gris ou branca da caixa de cereales.

ACTIVIDADE 7. A MEDIDA DE LONXITUDE.
Antigamente usábanse as partes do corpo para medir o largo ou ancho das cousas. Utiliza partes do teu corpo para medir 10 obxectos que teñas en casa. Podes usar o ancho do dedo, o largo do pé, o paso, a cuarta(a distancia entre a punta de deco polgar e índice da man aberta... Aínda se usan algunhas desta medidas hoxe en día, sobre todo en países de fala inglesa: Reino Unido, Estados Unidos. Por exemplo a polgada é o que mide o dedo pulgar dun adulto que son entre 2 e 3 centímetros. Cantas polgadas mide a túa tele? Mídese en diagonal.

https://www.worten.es/blog/906/medidas-de-televisiones-en-pulgadas-y-centimetros/

Como era un lío medir así, por partes do corpo, xa que dependendo do tamaño da persoa a medida variaba entre unha persoa e outra, o 4 de novembro de 1800 inventaron o metro en París. No ano 1875 a maioría dos países acordaron usalo no Tratado do Metro: un contrato entre moitos países que firmaron os políticos na cidade francesa de París., aparecendo o sistema métrico universal. (Este enlace lévate a un texto escrito expositivo publicado en Internet).

(Este vídeo ten un texto oral expositivo sobre a medida).
Colle un metro, unha cinta métrica e mide os 10 obxectos anteriores usando o metro, os centímetros e os milímetros.
Pensa en todas as cousas que podes medir cun metro. Pódese medir practicamente todo. Consulta en Internet medidas estrañas coa supervisión dun adulto/a.

ACTIVIDADE 8. A RECTA NUMÉRICA.
Se colles unha recta e lle poñes os números, formas unha recta numérica. A recta numérica mide números máis grandes que cero, máis pequenos que cero.
Para medir distancias e medidas, usamos os números de 0 en diante (números positivos), pero para medir grados de temperatura, ou anos usamos números máis grandes que cero (números naturales ou positivos), pero tamén usamos números máis pequenos que cero (números enteiros negativos). Os grados baixo cero son cousas que están máis frías que cando a auga conxelada. Os anos que pasaron antes de Cristo son tamén antes de cero. (O texto oral do seguinte vídeo é expositivo, pero ten unha parte literaria de teatro).


  • O metro é unha recta numérica que usamos para saber o tamaño das cousas.
  • O termómetro é unha recta numérica para saber a temperatura. A temperatura á que se conxela a auga é 0, as cousas que están aínda máis frío están baixo cero (-1, -2, -3...) A temperatura máis baixa rexistrada na Terra son 89 grados baixo cero na Antártida...
  • Os anos da nosa era son desde que naceu Cristo no ano 0 ata hoxe que estamos no ano 2020. As cousas que pasaron antes de Cristo son números máis pequenos que cero, e pódense representar na recta numérica.
ACTIVIDADES DE LINGUA E LENGUA.

ACTIVIDADE 1. Aprende a diferenciar os textos segundo sexan orais ou escritos.

a) Que é un texto?
Un texto é un conxunto de palabras que forman oracións. Un conxunto de oracións que forman parágrafos, para dar unha información completa. Son exemplos de textos: os carteis, os anuncios, as poesías, as cancións, os contos, as novas, un chiste, un libro de animais, un comic, as palabras que contan un episodio de debuxos animados, o "Diario de Greg", "Las Aventuras e Jerónimo Stilton"...

b) Canto tempo levamos usando textos orais?
Levamos usando textos orais desde hai 400.000 anos, cando os humanos empezaron a falar ata hoxe. Os textos orais son as palabras con sentido que producimos coa boca, a lingua e a garganta. Son textos orais as conversas, os discursos, as novasda televisión, as explicacións dos youtubers, o que falan nun documental, nun episodio de debuxos animados, nunha película ou obra de teatro.

https://www.eluniversal.com.mx/articulo/ciencia-y-salud/ciencia/2015/09/25/el-lenguaje-humano-nacio-hace-400-mil-anos

d) Canto tempo levamos usando textos escritos?
Levamos usando textos escritos durante uns 5000 anos. Empezamos a usalos dende o 3000 antes de Cristo, cando os Sumerios inventaron a escritura. E pasaron 2020 desde que naceu Cristo, polo que  máis ou menos 3000 + 2000=5000.

https://www.xlsemanal.com/conocer/historia/20170810/historia-origen-escritura.html

e) Como foi a evolución da escritura?
Na Prehistoria non había escritura, había pinturas rupestres de animais de caza e máis tarde debuxos gravados nas rochas chamados petroglifos.
A Historia comeza cando os Sumerios inventan a escritura hai 3.000 anos antes de Cristo na Idade Antiga. Os sabios e os escribas eran os únicos que sabían escribir, e o facían nos papiros, nos pergaminos, nas pedras e nas paredes. Na Idade Media, só sabían ler e escribir os monxes e sacerdotes que escribían en libros escritos a man (manuscritos) chamados códices. Na Idade Moderna, coa invención da imprenta por Gutemberg os libros son máis baratos e cada vez máis xente aprende a ler. Na Idade Contemporánea, todo o mundo empeza a ir a escola, polo que pouco a pouco todo o mundo aprende a ler e escribir. Na Idade Dixital, coa invención dos ordenadores, a xente non só le libros, senon que pode ler e escoitar a información de Internet en tablets, portátiles e móviles.

f) Escribe as formas de escritura das diferentes etapas da Historia dende a invención da escritura:
Idade Antiga (3.000 a. C. a 476 d. C.).
Idade Media (476 a 1492).
Idade Moderna (1492 a 1789).
Idade Contemporánea (1789 a 1991).
Idade Dixital (dende 1989).

ACTIVIDADE 2. Aprende a diferenciar os textos segundo sexan expositivos ou literarios.

a) Cando vimos por primeira vez a diferencia entre textos expositivos e literarios en 3º?
No ano 2019, cando comezou o curso de 3º, a profe Conchi explicounos que na biblioteca había dous tipos de libros. Nunha zona están os libros expositivos e noutra os libros literarios. Os libros expositivos están ordenados por asignaturas: natureza, sociais, matemáticas, inventos, tecnoloxía, enciclopedias, mapas. Os libros literarios están ordenados alfabéticamente por autores, nun lado poesía, noutro narrativa e noutro teatro.

b) Que son os textos expositivos?
Os textos expositivos poden ser orais ou escritos. Os textos expositivos dan información real. Hai persoas que saben moito que escriben libros expositivos. Son os científicos, os expertos e os periodistas. Hay persoas que sin ser expertos tamén crean textos expositivos. Son exemplos de libros expositivos: os libros de animais, os atlas, as enciclopedias, os diccionarios, os periódicos, os folletos... Son exemplos de textos orais expositivos: o que falan nos documentais, as novas do telediario, vídeos de información dos youtubers...

c) Que son os textos literarios?
Os textos literarios tamén poden ser orais ou escritos. Os textos literarios dan información imaxinaria. Hai persoas que teñen moita creatividade e arte, e inventan historias para entreter e emocionarnos. Utilizan a imaxiación para crear personaxes, criaturas, escenarios e mundos fantásticos. Hai tres tipos de textos literarios: poesía, narrativa e teatro. A poesía son textos breves orais ou escritos en verso, que moitas veces riman; as cancións e os poemas son poesía. A narrativa son os contos e historias, as novelas, os libros de aventuras, etc. O teatro son textos de varios actores que teñen que aprender o que di o seu personaxe para facer unha actuación.

d) Que é a manipulación informativa?
Ás veces a información dun texto e verdade, outras veces é mentira. A manipulación informativa son as mentiras que hai en Internet, na Televisión, nos periódicos, nos libros de ciencia, nos vídeos de youtubers... A xente que fai manipulación informativa pode mentir a propósito ou sin querer, pero o caso e que temos que aprender a atopar as mentiras nos medios de comunicación e a preguntarnos se algo que aprendemos é correcto. A ciencia avanza e cousas que se pensaban que eran dunha maneira, logo demostranse que son doutra, por iso hai que actualizarse. Debemos consultar so libros e cousas de Internet de persoas serias das que podémonos fíar. Chámanse fontes fiables.

e) Vamos a xogar aos detectives. Busca os textos culpables de acabar co teu aburrimento na casa.
Escribe o título dun texto que teñas en casa que coincida con estas pistas.

Pista 1. Que sexa un texto expostivo de ciencias.

Pista 2. Que sexa un texto literario de narrativa.

Pista 3. Que sexa o titular dun texto expositivo periodístico.

Pista 4. Que sexa o título dun texto oral que teña poesía e música.

Pista 5. Que sea un texto literario escrito e teña debuxos en viñetas.

c) Recorda ler todos os días 30 minutos dun libro expositivo ou literario que che guste.

ACTIVIDADE 3.  Diferenciamos os nomes, os adxectivos e os verbos.

a) Como explican os linguistas que é o nome, o adxectivo e o verbo?
Os linguistas son os científicos que estudian as linguas. Son moi finos falando e usan palabras moi díficiles para explicar as cousas. Pero non te preocupes que eu vouche explicar para que o entendas.

Para os linguistas, o nome é o núcleo do suxeito que se emprega para referenciar ás persoas, animais, cousas, emocións e pensamentos. O adxectivo calificativo é o atributo que completa o significado do nome. O verbo é o núcleo de predicado e explica as accións realizadas por activa ou pasiva polo suxeito.

Como isto é difícil de entender voucho explicar para que o entendas.

b) O nome é un maleducado, o adxectivo un cotilla e o verbo un chivato.

En 3º só temos que estudiar os tipos de palabras máis importantes: o nome, o adxectivo e o verbo.

O nome é un maleducado. Cando somos bebés a primeira forma de comunicarnos antes de falar e sinalando o que queremos co dedo. Despois vamos aprendendo palabras para chamar as cousas polo seu nome en lugar de sinalalas. Os nomes son indicacións ou etiquetas que sinalan as persoas, animais, cousas, pensamentos e sentimentos. Por iso digo que é o nome é un maleducado, porque sinala todo, e sinalar e de moi mala educación. Son nomes as palabras: "Martín", "dinosaurio", "coche", "imaxinación", "tristura"...

O adxectivo é un cotilla. O adxectivo acompaña ao nome, é o mellor amigo do nome porque moitas veces vai ao lado del. Digo que o adxectivo é un cotilla porque non sabe gardar un segredo e cóntanos todo tipo de cousas do nome. Dinos que tamaño ten (grande, pequeno), de que cor é (rosa, verde, amarelo), a forma que ten (redondo, cadrado), a beleza que ten (guapo, bonito, feo), a forma de ser (tranquilo, nervioso). Son adxectivos as palabras: "alto", "delgado", "grande", "feroz", "redondo", "verde", "azul", "interesante", "alegre"...

O verbo é un chivato. O verbo é un chivato porque nos di que acción está facendo ou lle está pasando ao nome. Di se salta, canta, baila, tose, come, bebe, ríe, chora, ven, vaixe, está, conduce...
Son verbos as palabras: "saltar", "cantar", "bailar", "toser", "comer", "beber", "rir", "chorar", "conducir"...

c) Busca nomes, adxectivos e verbos no teu libro favorito.
Colle o teu libro favorito e copia dez nomes, dez adxectivos e dez verbos.

Oracións disparatadas. Vamos a inventar dez oracións disparatadas. Vamos a agrupar cada nome, cun adxectivo e un verbo dos anteriores. Logo facemos unha oración rara e divertida completando con outras palabras. Por exemplo: eu nun cómic de Asterix atopei o nome: "piratas", o adxectivo: "nerviosos", e o verbo: "ves". A miña frase disparatada é Os piratas nerviosos ven alieníxenas.

ACTIVIDADE 4.  As palabras compostas.

a) Mira este vídeo sobre as palabras compostas. (Ten un texto é oral e expositivo).


b) Vai a túa habitación e busca dez cousas que sexan palabras simples. Escribe as dez palabras simples.


c) Vamos a xogar aos detectives. Resolve as seguintes adiviñas para atopar 5 palabras compostas (Cada pista é un texto literario de poesía de dous versos que riman)

Pista 1.
Negra, rectangular e plana é.
Cun mando a distancia elixe que queres ver.

Pista 2.
É un aparello que conectas á televisión.
Deixa que xogues con Mario Bros.

Pista 3. Na cociña tes este aparello singular.
Para os corchos as botellas poder sacar.

Pista 4.
Busca no estoxo un pequeno útil rectagular.
Para a todos os lápices a punta sacar.

Pista 5.
Na cociña hai un xabón especial.
Co que podes os pratos e vasos lavar.

d)Inventa unha critatura mitolóxica (Sería un texto escrito literario de narrativa).

 Fai como na mitoloxía grega, mestura unha persoa cun animal, ou dos animais, crea unha palabra composta e inventa a esa criatura máxica. Despois conta unha historia de máximo 20 liñas, explicando como é ese animal.
Por exemplo, peixe+can =peixecán. O peixecán é a túa mascota ideal. Podedes nadar con él na praia porque respira por branquias e pulmóns. E podes telo na casa nun acuario porque ten una escamas multicolores preciosas.

ACTIVIDADE 5. Repasamos ortografía con videoxogos on-line.

Xoga a estes xogos on-line para repasar a ortografía de 3º de primaria.

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/ortografia/ort-tercero



ACTIVDADES DE CIENCIAS SOCIAIS, CIENCIAS DA NATUREZA E ATENCIÓN EDUCATIVA.


CIENCIAS DA NATUREZA.
Actividade 1. A orixe da Humanidade. Quen foi o primeiro humano? (É un texto oral expositivo de ciencias da natureza).




Podes facer unha cronoloxía ou liña do tempo explicando en que orde foron aparecendo os seres vivos que deron lugar ao ser humano acutal.

CIENCIAS SOCIAIS.

Vamos a facer un libro de historia de 8 páxinas ou follas. Podes empregar 8 folios, 8 follas de libreta, ou un documento dixital de word de 8 páxinas ou una Presentación de 8 folios. A miña recomendación e que fagas o libro apaisado ou en horizontal.
Na primera páxina vas poñer o Título: O meu libro de historia. Autor/a:
Nas seguintes páxinas vas poñer os seguintes títulos:

1. Prehistoria. Idade de Pedra. Época dos cavernícolas.
2. Prehistoria. Idade dos Metais: Época dos Celtas.
3. Historia: Idade Antiga. Época dos gladiadores.
4. Historia. Idade Media. Época das princesas.
5. Historia. Idade Moderna. Época dos piratas.
6. Historia. Idade Contemporánea. Época dos obreiros.
7. Historia. Idade Dixital. Época dos youtubers.

En cada páxina podes facer un resumo do vídeo, ou un mapa de conceptos ou poñer información que ti coñezas desa época. Acompaña a páxina dun debuxo, se o fas a man, ou dunha foto se o fas en arquivo informático.

Déxote aquí un exemplo que fixen eu co programa de Edición de Presentacións de OppenOffice en formato odp. (É un texto escrito expositvo de ciencias sociais).

UN EXEMPLO DE LIBRO DE HISTORIA DE 3º B EN PRESENTACIÓN PDF E ODP.

EN PDF
https://drive.google.com/open?id=1uJ-IyP_iap7cY2fExHIBYmptai6VnpJz

EN ODP
https://drive.google.com/open?id=1eiDeiaqh9Hzwa0d9RPzjk6mnLX9VTu19


Actividade 1.  Prehistoria. A idade de Pedra. Época dos Cavernícolas.



Actividade 2. Prehistoria. A Idade dos metais. Época dos Celtas.



Actividade 3. Historia. A Idade Antiga. Época dos gladiadores.


Actividade 4. Historia. A Idade Media. Época das Princesas.


Actividade 5. Historia. A Idade Moderna. Época dos Piratas.



Actividade 6. Historia. A Idade Contemporánea. Época dos Obreiros.



Actividade 7. Historia. A Idade Dixital. Época dos youtubers.

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares