UNIDADE 10: ELABORAMOS UN XORNAL MURAL.

Nesta unidade didáctica vamos a traballar a partir do centro de interese: o periodismo, a prensa e os xornais.
  • Elaboraremos prensa escrita en mural e en periódico escolar. Utilizaremos a ferramenta Scribus e as maquetas de Faro de Vigo. 
  • Escolleremos noticias reais, copiarémolas e crearemos novas.
  • Elaboraremos unha nova sobre os videoxogos preferidos polo alumnado de 3º e 4º de Primaria, a partir dun gráfico.
  • Publicaremos un artigo de opinión sobre os videoxogos: efectos negativos, efectos positivos e recomendacións.
  • Realizaremos unha enquisa a unha persoa relevante da sociedade.
  • Aprenderemos a importancia social da profesión de periodista na creación de opinión pública e na manipulación informativa. Entenderemos o periódico como fonte histórica viva.
  • Traballaremos a manipulación informativa e a importancia do sentido crítico, a igualdade da muller no traballo.
  • Obteremos información sobre o coidado da natureza.
  • Utilizaremos o papel de periódico para a creación plástica. Debuxaremos tiras cómicas.
  • Traballaremos matemáticas con sudokus, acertixos matemáticos, grafícos e números que aparezan na prensa.

ELEMENTOS DA COMUNICACIÓN HUMANA.



Neste simpático vídeo tes un exemplo dos elementos da comunicación.



O PERIODISMO: A PROFESIÓN QUE CONSISTE EN INFORMAR AOS DEMÁIS DAS COUSAS MÁIS IMPORTANTES E INTERESANTES:




OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.




CONSULTA O XORNAL FARO DE VIGO E OUTROS MÁIS

Podes ler o xornal da cidade de Vigo premendo na imaxe. https://www.farodevigo.es/

Resultado de imaxes para: faro de vigo logo

Para acceder a outros xornais:

Atlántico Diario de Vigo: https://www.atlantico.net/

La Voz de Galicia:  https://www.lavozdegalicia.es/vigo/

El País: https://elpais.com/espana/

El Mundo: https://www.elmundo.es/


COMO SE FAI UN DIARIO?


AS PARTES DUN PERIÓDICO.
As partes dun periódico son os diferentes apartados ou seccións  nas que se dividen. Cada grupo de noticias vai xuntas nunha sección ou parte do diario.

As seccións do periódico que vamos a crear no noso cole van a ser as mesmas que as do Faro de Vigo:

  1. Portada: Primeira plana ou páxina, na que aparecen resumidas as novas máis importantes.
  2. Local: Novas de Vigo.
  3. Nacional: Novas de España.
  4. Internacional: Novas doutros países do mundo.
  5. Economía: Novas con gráficos sobre os cartos, o diñeiro, as ganancias, problemas económicos.
  6. Sociedade: Novas sobre persoas famosas do mundo da arte (cantantes, músicos), deporte (futbolistas, deportistas) ou ciencia (inventores, premios Nobel, investigadores).
  7. Sucesos: Cousas malas que pasan, delictos, desastres naturais, accidentes...
  8. Ciencia e cultura: Novas sobre descubrimentos das ciencias naturais, tecnoloxía, 
  9. Deportes: Novas sobre fútbol e outros deportes.
  10. Anuncios breves: Anuncios de busca de traballo, de venta.
  11. Televisión e espectáculos: Programación de televisión, cartelera de cine ou espectáculos.
  12. Pasatempos e humor gráfico: Sopas de letras, sudokus, encrucillados. Viñetas con chistes.
  13. Predición do tempo e cronolóxicas. Predicción do tempo atmosférico e esquelas.
  14. Contraportada: Última páxina. Aparecen novas importantes.



QUE É UNHA NOVA?



A NOVA E AS SÚAS PARTES.



EXPLICACIÓN DETALLADA DE COMO FACER UNHA NOVA.



EVOLUCIÓN DE LA PRENSA ESCRITA.



A INVENCIÓN DA IMPRENTA.



GUTEMBERG: O INVENTOR DA IMPRENTA.




Comentarios

Entradas populares