UNIDADE 1. VIMOS DAS VACACIÓNS: VIAXES E TRANSPORTES.

Na clase fixemos O MAPA DE CONCEPTOS DOS MEDIOS DE TRANSPORTE a partir da información contida neste vídeo.

Medios de transporte por terra, auga e aire.


TRABALLO POR EQUIPOS: INVESTIGAMOS OS TRANSPORTES:
En equipos de 6 persoas, realizamos un traballo de investigación de cada tipo de medio de transporte. Ao rematar, expusemos en clase os proxectos.
Ao equipo 1 encargado de transportes por terra, encántalles o Lamborghini Huracán.
Ao equipo 2 que realizou un traballo sobre transportes por agua, entusiásmalle o barco de Cruceiros vacacionais.
Ao euqipo 3 gústanlle moitos os medios de transporte aéreo, sendo o prefeiro o avión Trimotor Fokker.

A continuación amosámosvos algúns videos vistos por toda a clase.

VÍDEO DE MEDIO DE TRANSPORTE TERRESTRE.
Lamborghini Terzo Millenio

VIDEO DE MEDIO DE TRANSPORTE POR AUGA.
Top 10 barcos máis grandes do mundo.


VÍDEO DE MEDIO DE TRANSPORTE POR AIRE.
Top 10 avións inusuais más grandes

OUTROS  ASOMBROSOS VÍDEOS DE MEDIOS DE TRANSPORTE:




ESTUDO DE MERCADO: QUE COCHES HAI EN CORUXO?
Estamos dando o tema dos transportes e fixemos en Matemáticas un estudo de mercado dos coches que hai en Coruxo.

Comentarios

Entradas populares